| |
| |
|
|
| |
|
Orfeo
e Eurídice
|
| |
|
|
|
René
Magritte, Os Amantes
|
| |
| |
ORFEO
E EURÍDICE
pertencen ao mundo dos mitos e a súa historia
transcorre nunha época na que todo era posible.
O noso home era músico, e por certo un músico
extraordinario, capaz de amansar ás feras máis
sanguinarias e ás tempestades máis terribles
cos sons da súa lira e a harmonía do
seu canto. Grazas a el, os Argonautas conseguiron
pasar indemnes pola illa das traizoeiras sereas cando
ían en procura do vélaro de ouro. Porén,
Orfeo non estaba interesado na aventura e no combate;
era un poeta, un creador ao que as mesmas Musas admiraban,
pero tamén un home pacífico e sinxelo
que vivía feliz coa súa esposa Eurídice
na súa Tracia natal. Mais a felicidade é
fráxil e calquera refacho inesperado pódea
crebar tan só nun intre. Así, un día
en que Eurídice paseaba polo campo, picouna
unha serpe velenosa e morreu. Orfeo ficou desesperado
e, aínda que o tempo foi pasando, non lograba
consolarse da perda da súa amada. Finalmente,
tomou unha decisión que faría tremer
ao máis afouto: descendería ao reino
dos mortos para intentar rescatala. A súa prodixiosa
voz e a beleza da súa música foron as
armas que lle permitiron abrir as portas de ultratumba,
sortear a vixilancia dos seus arrepiantes gardas e
ata conmover os deuses dos infernos, que lle concederon
levar consigo a ánima da súa esposa.
Non obstante, impuxéronlle unha condición:
que non mirase para ela ata atoparse de regreso no
mundo exterior. Orfeo aceptou e emprenderon o camiño.
Pero o alén é un país de tebras,
as pegadas dun morto non fan ruído nin se pode
coller unha sombra pola man. Viría realmente
Eurídice tras el? Enganaríao a cruel
parella que goberna o máis alá? Ao albiscar
a luz do sol, Orfeo non puido conterse e virouse...
Ao momento, Eurídice foi arrastrada de novo
ás profundidades e morreu por segunda e definitiva
vez, mais "sen proferir queixa algunha do seu
esposo," -como di Ovidio- "pois, de que
ía queixarse senón de ter sido tan amada?"
Tempo despois, Orfeo foi asasinado polas mulleres
de Tracia, celosas da fidelidade que o músico
seguía a gardar á súa defunta
compañeira.
|
|
|
| |
E
se che interesou esta historia
podes ler:
Ovidio, Metamorfoses, X,
Ed. Galaxia
Virgilio, Geórgicas, IV, Ed. Cátedra
Calderón
de la Barca, El divino
Orfeo, Ed. Linkgua
Cesare Pavese, "El inconsolable", en Diálogos
con Leucó, Ed. Tusquets
Manuel
María, "Ode a Orfeu"
podes escoitar:
Christoph Gluk, Orfeo e Eurídice
Claudio Monteverdi, Orfeo
e podes ver:
cine: Jean Cocteau, Orfeo
(1950)
Marcel Camus , Orfeo negro
(1959)
pintura: Bruegel
o novo, Orfeo nos infernos
P. P. Rubens , Orfeo e Eurídice
Nicolás Poussin, Orfeo
e Eurídice
F. Álvarez de Sotomayor, Orfeo perseguido
polas bacantes
|
| |
|
|
| |
| |
|
|
|
|
|
|