| |
| |
|
|
| |
|
Pigmalión
|
| |
|
| |
| |
|
|
PIGMALIÓN
e... Pigmaliona. Non, ela non estaba feita á
súa imaxe e semellanza, pero tampouco era iso
o que el quería.
Vexamos: Pigmalión era un escultor de Chipre
que vivía só e sen parella. E non é
que lle gustase vivir así, pero atopaba tantas
pegas e defectos en todas as mulleres que ningunha
lle parecía a axeitada. Entrementres, ía
traballando con esmero nunha nova estatua que representaba
unha figura feminina. E tan ben lle quedou ao acabala
que se namorou perdidamente dela. Suspiraba o pobre
home pola súa obra, dáballe beixos,
faláballe ao oído, regaláballe
xoias, compráballe roupa e facíalle,
en fin, moitos outros agarimos e agasallos, pois tiña
a alma inflamada por aquela fermosa de duro corazón...
Pero, claro, se a estatua correspondía ao seu
amor facíao como o que era, unha fría
e inmóbil escultura de mármore e Pigmalión
languidecía de amor insatisfeito. Afortunadamente
para el, a deusa Venus apiadouse dos seus males e,
acudindo na súa axuda, realizou o milagre de
converter a pedra en carne, pel, pelo e todas aquelas
cousas que ten unha persoa viva. E así foi
como Pigmalión conseguiu, por fin, unha compañeira
á altura dos seus soños -á que
chamou Galatea- e, por se fora pouco, algo máis
difícil aínda: que a arte se fixese
vida e superase a mesma realidade.
|
|
|
|
|
E
se che interesou esta historia
podes ler:
Ovidio, Metamorfoses, X,
Ed. Galaxia
George Bernard Shaw, Pigmalion, Ed. Sol 90
Augusto
Monterroso, "Pigmalión"
podes ver
cine: George Cukor, My
fair lady
(1964)
pintura: Jean
Leon Gerôme, Pigmalión e Galatea
R.
Magritte, A tentativa do imposible
escultura:
F. Leiro, Pygmalión
e podes visitar
Efecto
Pigmalión
|
| |
|
|
|
|
|
|