| |
|
| |
Por que son tan irreais...?
As mulleres dos contos nunca poderán existir porque son totalmente perfectas. COÑECES ALGUNHA? Pues va ser que no. A muller perfecta é aquela que busca o amor ideal, o home perfecto... por dicilo dalgunha maneira, o seu príncipe azul, e para iso espera toda a vida sen mirar a outro. PÓDELO CRER? A muller que busca o home perfecto nos contos é a muller perfecta, pero na realidade a muller que busca un home de conto non é a perfecta; xa que se fora perfecta non faría falla que buscara o home ideal. Como exemplo do susodito poñemos como muller perfecta a Brancaneves, unha adolescente apetitosa que vivía con sete homes que non se acercaban para nada á perfección, pero, como non, ao tratarse dun conto ao final sempre aparece o príncipe azul para substituír o home común.
Pero se analizamos en profundidade esta muller ideal, non terá algo que agochar? Pois dende o noso punto de vista cremos que si e é o seguinte:
|
|
| |
 |
Non buscan un home para toda a vida, en principio; buscan a felicidade dunha noite. |
 |
Non buscan un home que as faga felices, senón guapo e con cartos, sobre todo o segundo. |
 |
Adoitan conseguir o que queren, sen piedade; así e todo, o home que non é perfecto para elas acaba sen elas. |
 |
Teñen sempre complexo de vítimas, que pretenden ser rescatadas polo seu príncipe. |
 |
As mulleres dos contos sempre son nenas boas, pero... quen di que non fan escapadas nocturnas polas cercanías dos castelos? |
 |
Teñen cara de modosiñas e mulleres anxelicais, pero o que de verdade agochan é un espírito de cabriñas insaciables, esperando con ansiedade ao seu macho cabrío. |
 |
As mulleres, para conseguir o que queren, sométennos a traballos esgotadores, pero pracenteiros, só cando a elas lles convén. |
 |
Deus dotou á muller dun órgano IMPRESCINDIBLE (o cerebro, mal pensadas...). |
|
|
| |
En conclusión, as mulleres dos contos ou, mellor dito, os seus pais amoláronlle a vida ao home de a pé. Por que tiveron que inventar ese “simpatiquísimo” conto titulado A Cincenta? Pola súa culpa chegou á boca dos nosos pais a típica frase: “Ás doce na casa”. Pero credes que en realidade esta mociña chegou á casa porque quería?
|
|
| |
Texto de Matías Vila, Jhon Lee Peña, Alejandro Fiuza, Álvaro Varela, 1º Bach.
Ilustración de David Viqueira, 2º Bach. |
|
|
|
|
| |
Pero, como dixo Vicente Risco, nesta vida todo é segundo se mire. Así que, se queres coñecer outra perspectiva sobre a muller dos contos tradicionais, pincha aquí.
|
|
|
|
|
|