| |
|
| |
|
|
As
Nike ou as Addidas son moi cómodas e modernas,
pero uns zocos de cor azul, amarela ou vermella...
iso si que farda. Que nunca viches uns? Pois colles
a túa bici, moto ou mesmo un burro e acércaste
a Merza levando no peto uns poucos céntimos.
Que non tes? Oes, pois manda menos mensaxes e
xa tes para comprar uns zocos colección
primavera-verán. Para iso teraste que acercar
xunto a ELENA FERRO e ela aconsellarache que cor
che vai mellor á cara.
Fóra de toda broma, presentámosvos
a Elena Ferro, unha muller moza e innovadora que
se dedica a un oficio case extinguido: a artesanía
do coiro. Debemos salientar que non só
fai zocos, senón tamén pulseiras,
pendentes, aneis, cadros, bonequiños...
e incluso lapis de pólas de árbores
que pintan!!! |
|
|
|
| |
 |
|
| |
P:
Canto tempo levas traballando neste oficio?
R:
Desde sempre, pero así formalmente dende hai
uns doce anos máis ou menos. Dende os dezasete
estou no taller traballando sen estudar, pero cando
estudaba tamén traballaba.
P: Empezaches por iniciativa propia
ou por continuar coa tradición?
R: Gustábame eh... ben, como tampouco me gustaba
estudar, e unha paliza que me deu meu pai (¡ou
estudas ou traballas, plasss!!! -comenta entre risas).
Non home, xa me gustaba e como sempre facía cousas
e despois non quería estudar, telo na casa pois
que mellor, xa me quedei aquí. Traballo seguro.
P: Gústache?
R: Siiiiiii.
P: Lévalo no sangue?
R: Si, si que me gusta moito.
P: Sénteste máis
zoqueira ou máis artista?
R: Zoqueira (con cara de satisfacción). Artista...
iso é un pouco así... ¡Eu son artesá!
Esa é a palabra, porque zoqueira zoqueira...
como facemos máis cousas... Se me dedicara só
aos zocos si o sería. ARTESÁ, esa é
a palabra.
|
P:
Cando fixeches o teu primeiro
zoco?
R: Un zoco enteiro... aos catorce ou quince anos.
De pequena andaba cravando neles.
P: Un tema do século
XXI é a igualdade entre ambos os dous sexos.
Antigamente, este traballo era realizado só
polos homes ou xa había mulleres que o
practicaban?
R: Si, tamén había mulleres, o que
pasa é que os homes eran os que ían
á feira vender. Na casa, por exemplo, meu
pai é zoqueiro pero miña tía
Agripina sempre traballou con el, ou sexa, que
tamén é zoqueira pero sempre se
fala do “zoqueiro”.
|
|
|
P:
E, entón, como te sentes
nun traballo que se asocia normalmente aos homes?
R:Nada. Eu a verdade é que non noto nada. Traballar
o coiro non é algo que penses ou que digas que
é peor de facer por ser muller, xa que non require
unha forza física.
P: Nunca te sentiches discriminada?
R: Non, para nada.
P: Coñeces máis mulleres
que tamén realicen este traballo?
R: Zoqueiras... non. Ben, si, miña tía Agripina.
Que traballen no coiro si que hai mulleres. En calquera
traballo artesán hai mulleres. Hoxe en día,
que traballen os zocos, non hai mulleres nin homes nin
nada.
P: En canto á fabricación
dun zoco, require concentración, imaxinación,
creatividade...?
R: Un pouco de habilidade, como calquera traballo e, como
me gusta...
P:
Cambiando de tema, vendedes ao exterior?
R: Si, pero vender vendemos por todo Galiza, norte de
Portugal, País Vasco, pero estes últimos
só puntualmente. Tamén a xente que véen
de fóra leva algunha cousa. Témoslle vendido
a algunha tenda en Madrid pero non é unha cousa
habitual.
 |
|
P:
E, finalmente, unha pregunta
da que todos estarán desexando saber a
resposta: dá para vivir?
R: De zocos sós non, pero así combinados
coa venda das pulseiras, axendas..., si. Saímos
moito a feiras de artesanía... as fins
de semana imos vender... É duro porque
traballas pola semana e despois as fins de semana
tes que ir vender. Hai meses que son menos agobiantes
e algunhas fins de semana. Practicamente dende
marzo ata outubro non temos ningunha fin de semana
libre. En agosto, traballamos a tope.
|
|
|
| |
|
Ingredientes
Madeira de bidueiro ou abeneiro
Coiro curtido de vaca ou becerro, engraxado
Puntas pequenas
Graxa de porco
Cordóns
Paciencia
Moita maña
|
Preparación:
Primeiro
faise o pao (sola do zoco), que é a parte
máis complicada e que adoita ser de madeira
de bido ou abeneiro porque é unha madeira
limpiña, sen nós, entón
non pasa a auga nin abre e é lixeira.
Farase todo con macheta e irase labrando pouco
a pouco con coidado de non pillar un dedo.
A parte máis difícil é
a xabreira (entalle onde se une o coiro co pao);
haberá que traballala con coidado xa
que pode fender a madeira. O pao terá
que ter a forma do pé, posto que non
poderá ser plano, senón andarás
coma un pato.
O coiro cómprase curtido e será
de vaca ou becerro engraxado, para que non pase
a auga. Recortaranse as pezas segundo sexan
de home, que serán máis anchas,
ou de muller, que serán máis estreitas,
máis estilizadas.
Finalmente, móntase todo cravando as
puntas cun martelo sen dar nos teus dedos, sendo
nos dos demais non importará. Aí
verase a maña de cada un, tanto no montamento
coma na puntería co martelo; a poder
ser únese todo con coidado para que quede
todo dereito e poida entrar no pé ou
outra parte do corpo na que os queiras poñer.
Nota: Os zocos, para un bo andar, deberán
ser utilizados para choutar polo monte adiante
ou incluso para andar por outros sitios, así
que... a que estades esperando para facer uns?
Nota:
Os zocos, para un bo andar, deberán
ser utilizados para choutar polo monte
adiante ou incluso para andar por outros
sitios, así que... |
|
a que estades esperando para facer uns? |
Silvia Vidueiros
e Bernardo Varela, 2º Bach.
|
|
|
|
|
|