O Mausoleo de Halicarnaso, cidade da antiga rexión de Caria, actualmente en territorio de Turquía, era a tumba do rei Mausolo, e polo seu nome chamouse así a este tipo de tumbas monumentais.
A súa construción, no século IV a. C., foi ordenada por Artemisa II, esposa e viúva do rei trala morte deste. Os arquitectos deseñaron unha especie de podio rectangular, sobre o que se levantou unha columnata e sobre esta unha pirámide escalonada. No punto máis alto, remataba a construción unha estatua representando unha cuadriga.
O conxunto acadaba os cincuenta metros de altura. Sobreviviu durante moito tempo, pero os seus materiais acabaron sendo usados para outras construcións e hoxe non queda nada del.
Texto: Marcos Cao, 4º ESO
Ilustración: Elvyra Santiso, 4º ESO |
|