Pois si, así se chamou unha das sete marabillas do mundo antigo, e digo chamou porque xa só nos queda unha columna dese xigantesco templo da Antigüidade.
Este lugar sitúase xunto ao mar Exeo, máis concretamente na desembocadura do río Meandro, na rexión que antes se chamaba Xonia e actualmente é parte de Turquía. Esta cidade foi o principal centro de culto da deusa Artemisa, que era patroa da caza e dos animais salvaxes. O templo contaba con 127 columnas de 20 metros das que, como xa dixen antes, só queda unha. Pero como sempre ten que aparecer o home para destruílo todo, este templo foi incendiado. Afortunadamente, puido reconstruírse grazas á axuda de Alexandre Magno, pero non todo o mérito foi del, senón tamén do pobo de Éfeso, porque cada persoa puxo o seu gran de area.
|
|