| |
|
|
Había,
pois, unha cidade chamada Pisa (non debe confundirse
coa italiana da famosa torre) e nela un rei de nome
Enómao que, co permiso de Tántalo, é o malo da nosa
historia. Este rei, como dixemos, tiña unha filla,
Hipodamía, de fermosura tal que espertaba a paixón
de moitos pretendentes, mais por algún escuro motivo,
Enómao non parecía disposto a entregala en matrimonio.
É verdade que tampouco se negaba abertamente, pero
o candidato a marido que desexara alzarse coa noiva
debía antes derrotar ao seu futuro sogro nunha carreira
de carros.
|
|
|
|
Estatua
do rei Enómao do frontón
do templo de Zeus en Olimpia. O cruel
rei, seguro de si mesmo, agarda o momento
de medirse ao seu opoñente
|
|
Se
acadaba a vitoria, parabéns, que empece a voda
e que sexan moi felices; pero no caso contrario...
o prezo do fracaso era a vida. Como se ve, a letra
pequena do contrato daba para pensalo dúas ou
máis veces antes de firmar. Non obstante, moi
grandes serían os encantos de Hipodamía, pois
cando Pélope se presentou en Pisa precedérano
xa dezaseis xenros frustrados, que deixaran o
pelello no intento e a cabeza ensartada nunha
lanza, pois ao bo de Enómao gustáballe adornar
de tan delicada forma o limiar do seu palacio.
Iso si, Enómao era moi relixioso e ao comezar
a carreira deixaba partir o seu adversario mentres
el ficaba celebrando un sacrificio a Zeus e non
saía ata acabalo. |
|
|
Algúns
din que os seus cabalos eran regalo do deus Ares e que
por iso ninguén se lle escapaba.
|
|
|
Tempo
de recuperar terreo sempre tería, pois a carreira
tiña por meta o istmo de Corinto, a uns cento
cincuenta quilómetros de distancia. Por outra
parte, o pretendente debía simular un rapto, de
xeito que estaba obrigado a levar no seu carro
a fermosa Hipodamía e, de paso, cargar co seu
peso engadido, algo que confirma aquilo de que
hai amores que matan. |
|
|
|
Ben.
Agora que xa temos a Pélope en Pisa é hora de que entre
en escena un personaxe secundario pero imprescindíbel
para o desenlace: Mirtilo, o home que tiña ao seu coidado
o carro e os cabalos de Enómao. Dise que Pélope e Hipodamía
se namoraron a primeira vista, que se puxeron de acordo
para saír airosos de tan difícil e perigosa empresa
e que, sabendo que non era posíbel derrotar ao pai da
moza aténdose ao xogo limpo, convenceron con promesas
a Mirtilo para que os axudase.
|
|
|
|
Este
manipulou as rodas, cambiou os cravos que as fixaban
ao eixe por outros de cera e aquela foi a derradeira
carreira do sanguinario rei, que non sobreviviu ao accidente.
Desaparecido Enómao, a flamante parella desembarazouse
de Mirtilo chimpándoo ao mar e, sen incómodas testemuñas,
reinaron en Pisa e tiveron moitos fillos. |
|
Para
aplacar aos mortos, Pélope instaurou uns xogos
funerarios. Despois, caeron no esquezo, como tantas
cousas vellas. Pero moitos séculos máis tarde
rexurdiron as competicións, de carros e doutros
moitos deportes, nun fermoso lugar achegado a
Pisa e sinónimo de contenda no mundo antigo: Olimpia. |
|
|
|
Restos
do cenotafio de Pélope en Olimpia
|
|
Alí,
en época clásica, entre os espléndidos
edificios que se ofrecían á admiración
do visitante, había un pequeno pero de gran prestixio:
a tumba de Pélope. É verdade que se trataba
dun cenotafio, é dicir, dun sepulcro baleiro.
Pero se ese mesmo visitante se tomaba o traballo de
trasladarse ata Élide, a polis organizadora
dos Xogos Olímpicos,
alí poderían ensinarlle unha das atraccións
da cidade, unha antiquísima reliquia: o ombreiro
de marfil de Pélope. |
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|