páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
 

Carina Alcobre Blum, o iglú Xuño 2007

 
BLUM, O IGLÚ
 
(RESUMO)
 
Unha familia esquimó é moi pobre e non ten iglú. No polo norte, onde viven, xeo hai dabondo, pero non poden usalo porque todo el pertence a unha empresa privada dos Estados Unidos. Os fillos teñen unha idea: a sarabia cae do ceo, polo tanto non ten dono. Así, traballando arreo, conseguen xuntar o pedrazo suficiente para construír un bonito iglú ao que chaman Blum.
A mágoa é que o Blum sae moi caprichoso e sempre está pedindo cousas. A familia esquimó fai o que pode para telo contento, pero Blum nunca queda satisfeito.
Finalmente, Blum di que non atura máis vivir alí porque vai moito frío, así que quere marchar e ver mundo.
 
O MEU FINAL
 
A familia esquimó non sabía que facer para que Blum viaxase. Un día pasou por alí o Gran Circo de Frigolandia e cambioulles o iglú por unha tenda de lona de cor vermella e verde, unha radiocasete, canas de pescar, anzois, abrigos e unhas entradas gratis para o circo. Os do circo cortan a Blum en varios anacos e póñeno a traballar: arrefría os refrescos na neveira e mais o peixe no frigorífico, usan os anacos de xeo para aliviar os croques dos pallasos e tamén para que os pallasos fagan rir a xente botándose uns aos outros cubos de xeo polas costas.
Un día cando Blum estaba arrefriando os refrescos na neveira, atopouse con Blam, outro cubo de xeo que antes tamén fora iglú, pero femia, non macho coma Blum. Empezaron a falar e a preguntarse cousas o un á outra. Ao cabo dun tempo, Blum decatouse de que se estaba namorando de Blam. A xente do circo tamén se decatou de que algo acontecía porque a neveira en vez de arrefriar comezou a quentar. Claro, era a acendida paixón de Blum por Blam. Por sorte, Blam tamén se decatou do que Blum sentía por ela e púxose feliz porque o sentimento era mutuo. Blam decide declarárselle a Blum e así foi como fixeron parella. Menos mal que todo saíu ben porque se non Blum teríase derretido por mor dun amor non correspondido.
Decidiron entón casar e ter fillos, aos que chamarían Blusiti e Blamxabi. E así, Blum aprendeu a non ser caprichoso.
Cando Blum e Blam casaron, invitaron á voda a familia esquimó, que montara unha tenda de peixe fresco e vivía quentiña e feliz. Máis tarde, cando naceron Blusiti e Blamxabi, volveron visitalos e leváronlles agasallos aos bebés-cubiños: un batedor de xeo para facer picado de limón e unha pista de patinaxe con espectáculo de focas incorporado.

 
     
  Regresar a "O cuarto final" O peixe Glus