páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
 
   
  Esperando as musas
 
   


O CUARTO FINAL


Contos para Manuela é un libro de Mario Pereira no que as narracións teñen un principio pero tres finais. Alomenos tres, porque poderían ser máis, xa que a imaxinación abre moitos camiños diante de cada historia e o mesmo autor é quen nos invita a que collamos o noso:


"...a min como verdadeiramente me gustan os contos son tal cal. Quero dicir, sen iso dos tres finais, nin nada. Tal como estaban. Así cada quen podería non continualos ou continualos como quixese. (...) A que non é tan complicado? (...) Veña, axudade algo."

Carina Alcobre, Mª José Rodriguez, Miguel Eiriz e Diego Garnil somos uns alumnos de 2º C de ESO que lle tomamos a palabra a Mario Pereira e escribimos, cada un de nós, un final para o conto que máis nos gustou. (E se queredes coñecer os finais do autor, lede o libro que é xenial)