|
Na
praza de Gondoriz Pequeno, unha vila que está por aí
nalgún sitio, vive un carballo que se chama Ramón.
En Gondoriz, todos (nenos, mozos e vellos) queren a Ramón,
cada un polos seus motivos. Pola contra, o menos querido do
lugar é o burro do alcalde, que sempre carga coas culpas
de calquera cousa mala que sucede, aínda cando non
a ten.
Un día, o alcalde fala pola radio e di que o carballo
non é unha árbore moderna e que vai mandar cortalo.
Ao oílo, os habitantes de Gondoriz Pequeno lévano
con resignación, como se non o creran. Só hai
un que se rebela contra aquela orde: o burro do alcalde, que
ornea e di que por esa non pasa.
|
|
Ao
día seguinte, cando o alcalde pasaba a cabalo pola
praza estivo a piques de ter un accidente. O cabalo empinouse
e case o guinda contra unha columna de cemento. Case, porque
se non fose por Ramón que estirou unha póla
e o colleu no ar o burro do alcalde non contaba a historia.
Grazas a iso o alcalde cambiou de idea. En vez de cortar a
árbore e deixar aos veciños de Gondoriz tristes
e pobres, decidiu plantar máis carballos para alegrar
a Ramón e tamén aos veciños.
Cando plantan aqueles carballiños pequenos coma gromos,
Ramón faise moitas ilusións e coméntalle
ao burro, que era moi amigo seu:
- Quero que pase pronto o tempo que lle fai falta aos nenos
para medrar e así poder falar con eles e non me sentir
tan só polas noites e ás horas que ti non estás
comigo.
- Se queres paso máis tempo contigo e xa está.
- Non, non fai falla. Agora que sei que vou ter compañeiros
xa non me hei sentir tan só.
O burro marchou contento porque sabía que Ramón
o estaba; entón decidiu pasar máis tempo con
el e así compartir a ilusión.
Co paso dos días, as ilusións de Ramón
eran máis grandes, pero pouco tardaron en estragarllas.
Unha noite, uns ladróns vestidos de negro e cunhas
máscaras viñeron recoller as sementes para que
non naceran os carballos e levaban tamén unha serra
para cortar a Ramón. Pero Ramón impediullo berrando:
- Quietos aí, ladróns! Deixade as sementes onde
están se non queredes que vos esmague coma laranxas.
- Ha, ha, ha! Non me fagas rir, carballo de merda. Cando te
cortemos xa non creo que fagas nada; se non o fas nin de vivo,
menos de morto.
- Xa me cabreastes; non vos aturo máis!
Entón Ramón intentou collelos pero, á
distancia que estaban, non puido. Os ladróns acercáronse
a Ramón e quen sabe se non o terían cortado
de non chegar nese momento o burro do alcalde, berrando coma
un tolo:
- Alto aí, malditos ladróns! Non sabedes o que
facedes!
- Que me coma o demo! Non sabía que os burros falaban...
Entón os ladróns asustáronse tanto ao
saber que os burros falaban que Ramón aproveitou para
collelos e lanzalos á máxima distancia que puido;
e mandounos ata o Cuartel, que estaba na outra punta de Gondoriz
Pequeno.
- Moi ben, Ramón, fixéchelo moi ben - dixo o
alcalde, que alí viña. Grazas a ti salvamos
os carballos.
- Non me deas as grazas a min, dállas ao teu burro,
porque, se non fose que chegou el e falou, eu agora estaría
cortado.
- Pero esquecede iso, que xa todo pasou.
E veu un mes tras doutro e aquilo foise esquecendo. Ramón
estaba ledo e satisfeito porque por fin podía falar
cos carballos novos e contarlles as súas anécdotas,
o que tiña pasado el na súa vida e os problemas
que tiveron os carballiños, que a pouco máis
non nacen.
O burro pasaba por alí todas as tardes e sempre quedaba
durmido ao pé de Ramón, oíndo aquelas
historias tan longas que contaba. Entón os carballos
rían e o burro era feliz porque podía ver a
Ramón aínda máis feliz ca el.
|