páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
 

Miguel Eiriz Ur, o guerreiro manso. Xuño 2007

 
UR, O GUERREIRO MANSO
 
(RESUMO)
 
Ur é un guerreiro que vive nun reino de plastilina. Alí todo é de plastilina: a xente, as casas, as árbores, os castelos... todo... agás Ur. Porque Ur é de carne e óso, só que ninguén o sabe, nin sequera el mesmo. Por outra banda, todos saben que Ur é diferente: é o único guerreiro ao que non lle gusta pelexar. Por iso os demais se burlan del e mesmo o mallan de cando en vez... sempre e cando sexa inverno. Cando chega o verán e a calor aperta, os plastilinos - é dicir, os habitantes do reino de plastilina - amolecen e non poden facer outra cousa que ficar tirados na sombra. Porén, ese é o peor tempo para Ur, porque todo se esfarela e desfai e Ur, como é de carne e óso, é o único que pode traballar e ten que acudir a todos los lados e non dá feito.
 
O MEU FINAL
 
No verán, cando os demais guerreiros están derretidos, o veciño reino dos cartolinos, onde todo - a xente, as casas, as árbores, os castelos... - estaba feito de cartolina, decláralle a guerra ao reino dos plastilinos. Entón Ur vai buscar reforzos polo mundo dos contos para facer fronte ao exército dos cartolinos, que ameazaban á vila. Camiñando e camiñando atopou un campo de mirasoles. Non cría atopar nada alí, pero houbo algo que lle chamou a atención.
Había un mirasol que non era igual ca os outros. Este mirasol era algo desvergonzado: dáballe as costas ao sol. Pero a Ur gustáballe. Entón díxolle que se no seu reino lle axudaba a derrotar aos cartolinos, el faríalle un parasol; e convenceuno.
Seguiron andando ata a vila veciña de Gondoriz. Alí había un burro pegado a unha árbore. Chamábanlle "o burro do alcalde" e, sen que Ur lle dixese nada, o burro do alcalde preguntoulle:
- Alí onde ti vives, hai árbores?
- Claro que si. E de todas as razas que poidas imaxinar! - respondeu Ur.
- Entón vou contigo.
E marcharon decididos a chegar ao Reino de Ur.
Xa chegando ao Reino, sentiron chorar. Foron mirar e viron dous tigres desconsolados. Choraban porque o rei os explotaba facendo traxes de balde, entón o burro dixo:
- Se saben facer traxes poden facer os uniformes para os guerreiros e ademais pagarémoslles polo seu traballo.
- Pois claro, afirmou o tigre pequeno, que era fillo da tigresa grande.
E así foi. Encamiñáronse cara ao reino e cando chegaron todos se puxeron felices e, por unha vez, felicitaban a Ur.
A Ur fixérono capitán e el daba as normas e ordenou o que tiña que facer cada un:
- Ti, mirasol Xir, proporcionarasnos a munición. E ti, burro do alcalde, co teu orneo espantarás os inimigos e, por último, vós, os tigres, como xa vos dixen, confeccionaredes os uniformes - mandou Ur.
E así foi. Estaban tan convencidos de que ían gañar que ata celebraron unha boa festa.
Ao seguinte día á mañá, os cartolinos atacaron, pero os plastilinos estaban preparados: o mirasol non deixaba de facer pebidas, o burro orneaba todo o que podía e os traxes resistían os alfinetes que tiraban os cartolinos, que ían caendo un, dous, tres, un detrás do outro.
Iso xa estaba gañado.
Pero as cousas comezaron a complicarse. Os traxes coa suor puxéronse ríxidos e os plastilinos non se daban movido. O burro do alcalde quedou afónico de tanto ornear. Só quedaba o mirasol, pero de pronto:
- Achís!!! Espirra Xir e as súas pebidas espállanse polo chan. Entón os cartolinos comezan a contraatacar e xa ían gañando, xa quedaban poucos plastilinos, incluso xa chegaran a apoderarse do castelo, cando de lonxe se oíu:
- Ei, panda de inútiles, restos de papel, collédeme a min. Comigo non podedes - berraba Ur.
Entón todos comezaron a correr detrás del, cando de súpeto Ur pasou detrás dunha matagueira, e os outros que ían detrás... plas, plum, plaf! Caeron, desapareceron na nada. Pero fora que Ur, como era máis listo, fixera un furado no chan e meteu nel uns colectores de papel e todos caeron alí.
E por fin todos respectaron a Ur, que foi capitán, e ademais o reino tivo novos inquilinos.

 
     
  Regresar a "O cuarto final" Blum, o iglú