
Reportaxe sobre a viaxe realizada a Roma e Florencia entre os días 9 e 12 de febreiro de 2002 con alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Contén información sobre arte, os itinerarios seguidos en cada unha das cidades e unha galería de imaxes

A ARTE ROMANA
A arte romana estará plenamente formada a finais do s. II a. C. e manterase ata a fin do s. IV (coas invasións bárbaras).
O carácter pragmático do mundo romano é o que provoca, no campo da arte, a presencia de obras de escultura procedentes de Grecia, berce da beleza. Veremos a coexistencia de obras gregas con obras romanas.
A orixinalidade da cultura romana foi supeditar a producción artística ós intereses do Estado e dos seus gobernantes.
Roma, a cidade, a urbe, centralizou todas as actividades.
Principais edificios urbanos
Foro: Praza porticada, centro neurálxico da cidade
(político, relixioso, comercial). Nos foros estaban os principais edificios
públicos.
Basílica: Edificio que servía como mercado, bolsa de comercio, etc..A forma deste edificio será utilizado polos cristiáns despois do 313 para os seus edificios relixiosos.
Termas: Baños públicos: (frigidarium auga fría, caldarium quente), e outras instalacións. Termas de Caracalla (S. III)
Edificios para espectáculos
Teatro: Moi semellante ós gregos (cavea, orchestra) pero semicircular e con fachada. Teatro de Marcelo.
Anfiteatro: Forma ovalada. Para as loitas dos gladiadores. O Coliseo (S. I)
Circo: Para as carreiras de cuadrigas: Circo Máximo.
Edificios relixiosos
Templo: De planta rectangular, de gran parecido cos gregos e etruscos. Templo da Fortuna Viril (S.I);
de planta circular, dedicados a V
esta.
Panteón. (S. II), cúpula, fito constructivo.
Monumentos conmemorativos
Levantábanse para conmemorar unha victoria ou outro feito relevante.
Exemplos: columnas conmemorativas: C. Traxana. (S. II). Importante relevo histórico que narra a conquista da Dacia por Traxano. Arcos de Triunfo: Arco de Tito (S. I), Arco de Constantino (S. IV).
RENACEMENTO
As condicións políticas da península italiana no s. XV favorecen o desenvolvemento do Renacemento humanístico. As cidades do norte de Italia diferenciábanse das do resto de Europa en varios aspectos:
Os restos da civilización romana afloran por todas as partes.
Eran das máis ricas de Europa, gracias ó comercio polo Mediterráneo.
Eran, por último, independentes. Estaban consideradas como cidades-Estado que non dependían de ningún goberno central.
Florencia
Berce do Renacemento no s. XV. Dende os primeiros anos do s. XV a cidade de Florencia, constituída en república independente, vive unha etapa de prosperidade económica e política. Os Médici, que de feito exercían o poder na cidade, foron os mecenas máis destacados, pero non os únicos (Strozzi, Rucellai). Nestas condicións é doado entender o papel fundamental que a cidade de Florencia exerce no nacemento da arte renacentista. As grandes familias constrúen pazos (edificio paradigmático do Renacemento), e doan edificios públicos á cidade, os gremios encargan obras (só entre 1450-1470 constrúense en Florencia trinta pazos entre os que destacan os da familia Pitti, os Médici e os Rucellai.
Neste ambiente de florecemento, unha serie de artistas que se relacionan co núcleo humanista da cidade inician coas súas obras a arte renacentista.
QUATTROCENTO
Arquitectura.
Brunelleschi: Cúpula de Sta. Maria dei Fiori. (10 cúpula do Renacemento sobre un edificio gótico. S. Lourenzo. (Interesante o seu interior. Tamén está aquí na sacristía a capela dos Médici, feita por Miguel Anxo). Palacio Pitti.
Alberti: Teórico da arquitectura Descritio Urbis Romae. De re aedificatoria. Fachada de Sta. Maria Novella. Pazo Rucellai.
Ghiberti: Portas do Baptisterio de Florencia. “Portas do Paraíso”.
Donatello: David. (Museo Bargello). Simboliza a victoria da intelixencia sobre a forza bruta. S. Xurxo. (Museo Bargello). Coma un cabaleiro medieval.
Pintura.
Massaccio: A Trindade. (Igrexa de Sta. M0. Novella. Frescos da Capela Brancacci (Igrexa do Carmine). A Expulsión do Paraíso, O Tributo da Moeda. Realismo, sobriedade, solidez formal.
CINQUECENTO
Escultura
Miguel Anxo: David. (Academia). 4 m., feita nun só bloque de mármore. Forza e rotundidade da talla, inicia o estilo heroico ou grandioso característico de M. Anxo. Os escravos. (Academia). Estatuas pensadas para a tumba de Xulio II (Xunto co Moisés). Tumba dos Médici. (I. de S. Lourenzo): Giuliano. Representación do home activo, figuras alegóricas da Noite-Día. Lourenzo. Representa o home reflexivo, melancólico; ós seus pés as figuras alegóricas da Aurora e o Crepúsculo, é dicir os dous ciclos temporais da contemplación.
Roma
RENACEMENTO. (S. XVI)
A corte papal destes momentos amosaba un ambiente cortesán, idéntico ó resto das cidades italianas. Estes pontífices son príncipes no sentido máis amplo da palabra e exercen un dobre papel: son a cabeza visible da Igrexa de Cristo, pero tamén príncipes dun Estado Soberano que ocupa os territorios do centro da península italiana. Para conseguir o recoñecemento universal da cidade de Roma como cabeza da Igrexa, empregan as figuras artísticas máis representativas da época, atraéndoas co seu mecenado. Bramante, M. Anxo, Leonardo, Rafael e outros moitos traballan para os Papas e axudan a conseguir que Roma sexa o centro cultural do momento. Sigue existindo un vivo interese polos restos arqueolóxicos conservados da antigüidade clásica. Ademais en 1506 descóbrese o grupo do Laoconte (Museo Vaticano), escultura grega do período helenístico, que tanta repercusión ía ter na obra de M. Anxo.
Bramante: S. Pietro in Montorio. Edificio prototípico, plan central, recordando o tholos clásico. S. Pedro do Vaticano. Edificio ideado por Bramante, pero realizado por M. Anxo. Parece substituír a antiga basílica paleocristiá. Planta en forma de cruz grega, con catro enormes piares no centro para que servisen de soporte a unha cúpula (42 m. de diámetro) asentada sobre un enorme tambor.
Escultura.
Miguel Anxo: Domina o panorama escultórico do s. S.XVI, eclipsando ó resto dos artistas, moitos deles inscribiranse no ámbito manierista por influencia directa da obra de M. Anxo:
A Piedade do Vaticano: Obra de xuventude, moi clásica e humanista (beleza ideal, perfección técnica).
David. (Academia de Florencia).
Moisés: (Igrexa de S. Pietro in Víncoli) Feita
para o mausole
o de Xulio II. Forza expresiva, grandiosidade. Inicio da
terribilita miguelanxelesca (período de madureza).
Tumba dos Medici. (S. Lourenzo, Florencia).
Pintura.
Neste século a fase de dominio técnico está superada. Os pintores vanse centrar máis no home: reaccións, sentimentos.
Leonardo: Humanista por excelencia, a súa obra máis destacada está fora de Italia.
Rafael: Pintor de madonas e de grandes frescos, amosa un profundo coñecemento das perspectivas arquitectónicas (tamén era arquitecto. Pinta varias estancias do Vaticano. Estancia da Signatura: Escola de Atenas: Pensamento da antigüidade, “a busca da verdade racional”.
BARROCO. (S. XVII)
As conclusións do Concilio de Trento foron determinantes na formación da arte barroca, esta constituíuse no medio da propaganda da Igrexa Católica
Roma, estando en marcha a Contrarreforma Católica, intenta recobrar o seu status como punto de referencia en Europa.
Durante o século XVII ten lugar a apertura de grandes prazas estructurantes do espacio urbano e amplas vías que conecten os puntos esenciais da cidade. Exemplos:
Arquitectura.
Piazza del Popolo. (Coas igrexas xemelgas de Rainaldi)
Piazza Navona. Con Sta. Inés ( de
Borromini) e a fonte dos catro ríos (Bernini).
Bernini: Traballa para o papado. Praza de S. Pedro: Tratase de resaltar o lugar de maior importancia da Roma papal. Conxunto de columnas xigantes conectada coa cidade e unida por un corredor diverxente á fachada de S. Pedro. Baldaquino de S. Pedro: Utiliza bronce espoliado do Panteón romano. Obra de mobilidade extrema, columnas salomónicas. Trata de salientar o máis importante da cristiandade (tumba do apóstolo Pedro). Tamén exaltar ó Papa Barberini, Urbano VIII (na parte superior están os símbolos da súa familia: as abellas e o sol). S. André do Quirinal. Chámanlle a perla do barroco. Planta curva (elipse), fachada clásica pero con profundo movemento de acollida ó visitante.
Borromini: Nas súas obras o deseño curvo lévase a límites insospeitados. S. Carlo alle Quattro Fontane. Situada nun lugar de difícil observación, ondula a fachada para crear sorpresa.
Escultura.
Nas artes plásticas búscase o movemento igual que na arquitectura, engádese a expresión e o efecto teatral.
Bernini: Volve ser o artista que plasma os novos
cambios. David. (Galería Borghese). Fronte á tranquilidade repousada
de M. Anxo, atopámonos cunha actitude moito máis vital, a emoción, a tensión
vese no xesto do rostro e na postura do corpo. Apolo e Dafne. (Tamén
na Galería Borghese). Tema mitolóxico, onde a expresión dos rostros vai
acompañada da inestabilidade dos corpos. Éxtase de Sta. Tareixa (Igrexa
de Sta. María da Victoria). Recrea a escena do momento culminante no que a
santa esvaece “incapaz de soportar a tensión espiritual”. Busca o efecto
teatral colocando raios
dourados que semellan luz. O espectador convértese
en partícipe da obra, igual cós Cornaro que aparecen nuns palcos nos
laterais do conxunto.
Pintura.
Caracterízase por unha maior énfase naturalista, volvendo a mirada cara a realidade circundante para obter os temas. Iniciase con: