Características |
Biblioteca |
Departamentos |
Arando Cedo |
Actividades |
Proxecto Comenius |
Quen somos
|
O I.E.S. María Soliño está ubicado no Concello de Cangas do Morrazo, provincia de Pontevedra. Foi creado no ano 1970, é, por iso, o segundo instituto máis antigo da comarca do Morrazo despois do I.E.S. Salvador Moreno de Marín, que se creou en 1955 coa fundación da Academia Naval Militar. Para poñerte en contacto con nós podes utilizar o noso enderezo postal: Montecarrasco, nº 3, San Pedro- 36940 Cangas, os nosos teléfonos: 986-301082 ou 986-301118, o noso fax: 986-301082 ou o noso enderezo electrónico ies.maria.solino@xunta.es A nova situación do noso centro, a 3,5 Km. do corazón da vila, marca enormemente a vida escolar do Concello, no sentido de que obriga ó uso do transporte individual ou colectivo para todos os implicados no funcionamento do centro: alumnos/as, profesores/as, persoal non docente e pais/nais do alumnado. |
![]() |
|
O emprazamento orixinal do I.E.S María Soliño era o solar que ocupa actualmente o I.E.S. de Rodeira. No ano 1984 o noso centro trasládase a Montecarrasco, ocupando un edificio de nova construcción e quedando as antigas instalacións ocupadas por un colexio de EXB, xérmolo do actual CEIP da Rúa. Posteriormente, coa construcción do CEIP da Rúa nun solar diferente, o antigo edificio do María Soliño é derrubado para construír no seu lugar o actual I.E.S. de Rodeira. Ata o curso 1988/89 o noso centro atendeu as necesidades educativas, no que se refería ó nivel de B.U.P., dos concellos máis representativos do Morrazo: Cangas, Bueu e Moaña; pero a partir desa data Bueu e Moaña comezan a ter os seus propios centros de BUP e a mocidade destes concellos deixa de frecuentar o IES María Soliño. Hoxendia o I.E.S María Soliño comparte responsabilidades educativas no ensino secundario público do Concello de Cangas co I.E.S de Rodeira, creado no ano 1987 e co I.E.S. de Montecarrasco, creado como Instituto de Ensino Secundario Obrigatorio no ano 1998. No nivel de ESPO no ensino público só o I.E.S. María Soliño, con tres modalidades de bacharelato: Bacharelato de Ciencias da Natureza e da Saúde, Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais e Bacharelato Artístico e o I.E.S. de Rodeira, con tres modalidades de bacharelato, mentres dure a fase transitoria de implantación da LOXSE: Bacharelato de Ciencias da Natureza e da Saúde, Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais e Bacharelato Tecnolóxico, ofertan niveis de Ensino Non Obrigatorio. Tamén no ensino público e no capítulo da Formación Profesional Específica (FPE) teñen participación os centros de secundaria enriba sinalados a través de Ciclos Formativos de grao medio e superior.
No que se refire ó ensino secundario de titularidade privada, o I.E.S. María Soliño comparte responsabilidades educativas co colexio Eduardo Pondal, que imparte ESO e ESPO baixo rexencia laica; os colexios Casa de la Virgen, Compañía de María e Sagrada Familia, que imparten exclusivamente ESO baixo rexencia relixiosa. Moitos alumnos/as procedentes destes centros privados cursan posteriormente á ESO os seus estudios de Bacharelato no I.E.S. María Soliño. Como consecuencia da reorganización educativa realizada con motivo da implantación da LOXSE e da elaboración do novo Mapa de Centros de Galicia, ó I.E.S. María Soliño quedaron adscritos os seguintes Centros de Ensino Infantil e Primario:
O alumnado deses centros deberá cursar, seguindo a normativa legal vixente, os seus estudios de ESO no noso centro. Referíndonos o alumnado debemos dicir que o número de alumnos/as matriculados no centro durante o curso 99/00 era de 594, número que descende cada ano dende hai 7 ou 8 e no que predomina o sexo feminino. A súa procedencia é maioritariamente do propio concello, agás o alumnado do Ciclo Formativo de Animación de Actividades Deportivas, cunha procedencia que trascende os límites do concello. Moitos destes alumnos/as proceden de Vigo ou Pontevedra e, por suposto, dos concellos colindantes: Moaña, Bueu, Marín, Vilaboa. A extracción social do alumnado é a clase media baixa, falando en sentido global, que desenvolve maioritariamente actividades económicas relacionadas co sector primario (pesca) e cos sectores secundario e terciario ubicados en Vigo. Esta situación socio-económica da lugar a unha situación socio-cultural definida polo predominio do nivel de ensino primario na formación escolar das familias, seguirialle en importancia o nivel secundario, xa moi minoritario e, case inapreciable, o nivel universitario. A totalidade do alumnado do centro distribúese en tres niveis educativos:
O conxunto do profesorado organízase en Departamentos Didácticos para cada materia, nos que se integran todos os profesores/as especialistas da mesma. No noso centro existen 18 Departamentos Didácticos. |
|
| No que se refire ó edificio temos que comezar dicindo que a súa construcción data de 1985, e realizouse sobre unha parcela doada pola Xunta de Montes de Darbo dunha superficie de 14.000 m2, nese mesmo ano comenzarón as actividades lectivas no seu interior. A data de hoxe, e seguindo coa súa estructura orixinal, aínda que con pequenos cambios, o edificio mostra un volume organizado en tres plantas. |
![]() |
![]() |
Planta soto: Onde se atopa a vivenda do conserxe, o salón de usos múltiples de uns 110 m2, ximnasio de 133 m2, espacio almacén de 74 m2, espacio lóbrego de caldeiras de calefacción e tanque do suministro de auga. Nun espacio construído recentemente, setembro de 1998, instalouse a aula de Tecnoloxía, de uns 98 m2 de superficie. Esta nova edificación ocupa unha terceira parte, aproximadamente, do porche leste do edificio. En resumo, esta planta ten unha superficie aproximada de 800 m2. |
| 1ª planta: Consta de 1.570 m2 aproximadamente.
Nela atópanse a biblioteca -que comeza a facerse pequena para dar
acollida ó volume de libros que se están acumulando e, en
moitos momentos, para acoller ó alumnado que demanda o seu uso-
a cantina, todos os Departamentos Didácticos, habitación
da limpeza, servicios, aula de debuxo de 42 m2 , laboratorio de fotografía,
aula de informática de 77 m2, sala blindada de 18 m2, aulas, conserxería,
Dirección, Secretaría, Xefatura de Estudios, Gabinete de
Orientación Sicopedagóxica e sala de profesores/as. En suma
podemos dicir que esta primeira planta ronda os 1.570 m2 de superficie. 2ª Planta: Está ocupada por laboratorios de Física, Química e Ciencias Naturais, aula de música, servicios, Vice-dirección e aulas. A súa superficie é de 1.577 m2. |
![]() |
![]() |
|
![]() |
|
![]() |
Pavillón polideportivo: Está situado fóra do recinto escolar propiamente dito e entre el e o resto das instalacións cruza unha vía pública. A súa superficie aproximada é de 1.812 m2. |
|
En resumo, podemos dicir que a superficie total construída, incluíndo porches cubertos e accesos é de 5.795 m2. |
|
![]() |
|
| Instrumentos pedagóxicos: O I.E.S. María Soliño vén utilizando, dende os últimos anos, unha serie de instrumentos pedagóxicos que serven de apoio ás actividades de aprendizaxe programadas polos profesores e Departamentos Didácticos. Estes instrumentos, ademais de outros máis sinxelos e básicos, poderían ser os seguintes: | |
|
|
![]() |
|
|
Os instrumentos funcionais están compostos polos órganos de goberno do centro, que co seu funcionamento e tomas de decisións favorecen e axilizan a vida do instituto marcando unhas pautas que todos os implicados: Alumnado, profesorado, persoal non docente e pais/nais deben seguir.
|
|