![]()
|
O carnaval consistía en disfrazarse e percorrer as aldeas de Gandón, Menduíña e Piñeiro, e pasalo o mellor posible. Tamén íase celebrar a festa a Beluso, Darbo e Aldán. A festa facíase na vila de Aldán, aínda que tamén se ía bailar á praia de Menduíña ata altas horas da mañá, a unha vella fábrica que había antes. Celebrábase o sábado, domingo, luns e martes, durante todo o día e toda a noite, ata que o corpo aguantase. No carnaval participaba todo o pobo unido, todos os que podían saír. Os mozos axudaban a adornar o lugar onde se ía bailar.
O pobo disfr Os disfraces eran de confección propia. Facíanse con roupas e sabanas vellas, con peles de ovella e có follato do millo. Disfrazábanse co mellor que tiñan e podían. Durante a República os carnavais celebrábanse, pero na Dictadura non, porque os homes tiñan que ir á guerra. Cando voltaron, facíase o carnaval en pequenas eiras. Había que ensinar a cara a Garda Civil e non se podía cantar. As letras das cancións falaban de cousas que acontecían durante o ano, normalmente cantábanlle ós veciños e alcaldes de pequenas aldeas. Unha destas cancións é esta: Que dirán, que dirán, que dirán Que dirán, que dirán por aí Que dirán, que dirán, que dirán Los leones ya están en Aldán. No sé que tienen los leones Que tanto gusto nos dan Que nos hacen bailar Al pueblo de Aldán. (Estribillo) Que dirán, que dirán, que dirán Los leones bajan por los montes de Aldán. Viva Piñeiro, viva Gandón,
Viva Menduíña, viva La
Unión. As letras das cancións facíanas os gaiteiros e os afeccionados: os Leóns e os Terribles. As pezas de baile máis usuais son os pasodobres, muiñeiras, xotas e pachangas. Os instrumentos máis frecuentes: o acordeón, a gaita, o tambor e o saxofón; ademais doutros instrumentos extraordinarios que facían os do pobo, coma os numus, feitos con canas, e as maracas, feitas coas chapas das botellas. As comidas propias do carnaval, entre outras, son a empanada de xoubas, o cocido, as filloas, as orellas e as chulas. A broma típica do carnaval era ir polas casas a meter medo ás persoas, ademais de non deixar traballar á xente no campo. Había instrumentos de broma, coma uns monecos ós que se lle metían petardos dentro para que deran voltas e saíran voando polo aire. No carnaval recadábase diñeiro, indo os mozos polas portas a pedir cartos, senón non se celebraba. Así é o carnaval en Aldán, contado por: Abel Pousa, de 2º ESO-B, veciño de Aldán.
|