O Carnaval na parroquia do Hío

Na actualidade o entroido na parroquia do Hío consiste en pasalo o mellor posible.

Polo día recórrense as diferentes aldeas da parroquia tocando as gaitas, bailando, comendo as comidas propias do entroido e bebendo viño en cada unha delas. Ó chegar a tarde-noite, cada un na súa aldea ou parroquia sigue  cantando, bailando e tocando a gaita acompañados da cunca de viño tinto. Pola noite a esmorga continúase no baixo dunha casa da parroquia ata que sae o sol.

O entroido celébrase tres días: domingo, luns e martes. Uns anos cadra en febreiro e outros en marzo; todo depende de cando sexa a Semana Santa, porque é corenta días antes desta.

Os carnavais da parroquia do Hío son os mellores de Cangas e dise que se participas neles un ano nun faltas nunca máis. O mellor deles é que pode participar todo o mundo sen ningún reparo ás condicións persoais, dende os máis cativos ata a xente máis vella. Cada aldea e a súa xente participan nunha comparsa, que no caso do Hío son sete, correspondendo ás aldeas de  Donón, Igrexario, Liméns, Nerga, Pinténs, Vilanova e Vilariño.

 

 

Anterior    Superior    Seguinte