A maior parte do calendario folclórico europeo ten as súas raíces máis ou menos definidas no mundo de Grecia e Roma, é dicir, no ámbito da cultura indoeuropea. Incríbese de forma moi precisa no ciclo das estacións, onde a tradición popular fixaba o comezo da primavera arredor do 2 de febreiro, seguindo ciclos cronolóxicos que abranguían corenta días: o Carnaval comezaría, pois, corenta días despois do solsticio de inverno, 21 de decembro. Abonda con lembrar nesta dirección a importancia que o día da Candeloria, tamén denominado día da Purificación da Virxe, ten no refraneiro popular galego: “Se o día rí, o inverno está por vir; se, pola contra, chora xa vai fóra”. Nunha época comprendida entre os séculos IV e X d. Xtº.produciuse un proceso de axuste debido a asimilación por parte do cristianismo dalgunhas celebracións pagás

     Os termos Carnaval e Entroido remítennos a unha orixe precisa: o primeiro remonta ao italiano carnevale, derivado do latín carnem levare "quitar as carnes", sintagma equivalente ao máis clásico carnes tollendas, e que fai referencia a abstinencia coresmal, de obrigado cumprimento noutros tempos; o segundo (introitus < introeo "entrar", cf. cast. "antruejo, entruejo"), máis xenérico, alude ao tempo de "entrada" na Coresma, do mesmo xeito que o advento (< aduentus) fai referencia ao período de preparación ante a "chegada" de Cristo.

 

 

 

Otra etimología, que entronca mucho mejor con la historia, hace derivar la palabra carnaval del latín currus naualis, “carro naval”, que hacía referncia al barco con ruedas que se paseaba procesionalmente en las fiestas de primavera en Grecia, en el Imperio Romano y en los pueblos celtas. Sobre este carro naval se paseaba un dios y ante él se bailaban danzas promíscuas y se cantaban canciones satíricas y obscenas. Esa fue la primera de todas las carrozas.

Marisol, Noemí, Yasmina, 4º ESO C

 

 

  O que podemos observar, por regra xeral, no Carnaval é unha sociedade que libera os seus instintos máis básicos: ruptura da orde social, violencias do corpo, abandono do equilibrio da personalidade e potenciación da identidade colectiva dunha aldea ou parroquia (Federico Cocho, O Carnaval en Galicia). Queda claro tamén que o proceso de conformación das tradicións é longo e nel interveñen centos de xeracións. Pero resulta igualmente rechamante que a pesar de todos os cambios producidos seguen vivos nas nosas festas de Carnaval moitos dos usos e costumes que gregos e romanos observaban nalgunhas das súas como as DIONISÍACAS, as SATURNAIS e as LUPERCAIS, entre outras.  

 

   

 

 

No mundo romano as festas relixiosas vincúlanse ás dúas actividade do pobo: a guerra e a agricultura. As festas bélicas efectúanse, sobre todo, no mes de marzo... Nas festas agrícolas destcan entre outras as Lupercalia, onde xoves disfrazados con pel de cabra e unxidos co sangue deste animal, golpean con látigos a todas as mulleres que atopan. hai quen observa relación cos peliqueiros actuais.

Héctor Paredes, 4º ESO C

Hai zonas de Galicia como Verín, Xinzo de Limia..., que teñen un personaxe un tanto especial como é o peliqueiro. Este é un home disfrazado cun traxe característico e coa cara tapada por unha  enorme máscara. Percorre as rúas anunciando a chegada do carnaval e azoutando a xente cunha especie de látigo. Mantén relación coa festa romana dos Lupercales.

Susana Novo, 4º ESO C

 

 
 

En las fiestas dionisíacas predomina la ebriedad y el éxtasis. Se desarrollan banquetes. Se bebía mucho vino. En los carnavales también predomina la ebriedad y el éxtasis con gran abundancia de vino.

Sheila, Isabel, 4º ESO C

 

 

 

 

Non cabe dúbida de que para unha comunidade campesiña os acontecementos máis importantes están relacionados coa sementeira e a recolleita dos froitos (cf. a importancia das mesmas no nacemento do teatro en Roma). De aí que moitas destas celebracións teñan lugar antes de finalizar o ano, normalmente de setembro a decembro. Neste mes, co que pechaba o calendario romano, a máis coñecida das festividades era na honra do mítico deus Saturno, quen, dentro da tradición lendaria popular, fora o responsable dunha época idílica na que existía unha perfecta harmonía entre home e natureza, a denominada Idade de Ouro. Sen embargo, as características que se nos conservan das Saturnalia reflicten unha situación completamente distinta: comellonas, borracheiras e busca do pracer, que practicamente durante unha semana se desenvolvía nas casas, rúas e prazas públicas de Roma, do 17 ao 23 de decembro aproximadamente.

Constituía o máis característico do festival a licencia que se lle daba aos escravos: abolición temporal da distinción entre clases libres e servís, o que levaba emparellado inxurias ao amo, sentarse a mesa cos superiores, emborracharse, etc. Esta licencia chegaba ao extremo de que os postos de responsabilidade nunha familia eran desempeñados polos escravos, que elixían un rei, aínda que a este, unha vez rematado o seu mandato, lle agardase a morte (cf. a morte do Carnaval e o seu Enterro). Como exemplo disto conservamos o testemuño do martirio de San Dasio, quen,  elixido rei das Saturnalia no ano 303 polos seus compañeiros de armas, negouse a desempregar tal cargo e foi degolado no mesmo altar do deus Saturno. Precisamente en Italia, España e Francia, onde a influencia de Roma foi máis profunda e duradeira, un dos persoeiros máis importantes do Carnaval é unha efixie burlesca que é publicamente destruída (queimada, afogada, etc..) no medio da ledicia ou tristura do pobo.

Sírvanos como exemplo da relación entre o mundo grecolatino e o cristianismo na configuración do Carnaval o seguinte cadro comparativo:

 

 

 

Consualia

(12 dec.)

Paseo de cabalos, burros e mulas con fins preservativas.

 

Saturnalia

(17-23 dec.)

Liberdade de escravos e nenos. Elección dun rei. Morte deste. Xogos especiais e inocentadas

Lupercalia

(17 feb.)

Preservación do gando. Flaxelo con fins fecundantes realizado por homes espidos.

 

 
 

Nadal (25 dec.)

S.Antón

(17 xan.)

Paseo de cabalos, burros e mulas adornados. Rodeo de templos.

S. Nicolás (6 dec.)

Inocentes (28 dec.)

Reis (6 xan.)

S. Antón (17 xan.)

Liberdades determinadas. Eleccións de bispos, alcaldes. Inocentadas.

 

Candeloria (2 feb.)

S. Brais (3 feb.)

Carnaval

Preservación do gando.Flaxelo con fins fecundantes por homes enmascarados.

 

 

 

Esta fiesta renació durante la Edad Media, al tiempo que se afirmaba la dureza cuaresmal (ayuno y abstinencia). Alcanzó después su máximo valor artístico en Venecia, presidida por el dux y el Senado, y en los bailes de máscaras ( como el de la ópera de París a partir de 1715). Ahora tiene su mayor expresión popular y turística en el Carnaval de Río, Nueva Orleans, NIza y Santa Cruz de Tenerife. Las máscaras ( o el antifaz) son quizá el vestigio de las fiestas de Baco y Cibeles.

Roberto Pérez, 4º ESO C

 

 

 

Pouco a pouco o carnaval de sempre está a desaparecer. Xa non se fan os traxes con farrapos, senón que se encargan a costureiras profesionais. Tamén moita xente vai aos carnavais por cumplir e non por que queiran pasalo ben. Xa se sabe que non se pode facer como os carnavais da antigüidade, pero polo menos que a xente o pase ben nos carnavais da súa aldea, cousa que non ocorre. Ás veces, meu pai cóntame o ben que o pasaban antes e, polo que me dí, penso que a tradición esta esmorecendo e como non fagamos algo, os carnavais desparecerán... Moitas das murgas van desfilar a distintos lugares para que lle dean diñeiro para poder pagar os traxes. As cousas son así, e tarde ou cedo imos pagar isto.

Abraham Vidal, 2º ESO C

 

  

 

 

 

I. De Julio Caro Baroja, El Carnaval, 1983, páx. 393 3 158:

Durante séculos, moitos séculos, en todo o ámbito da Europa cristiá, desde o Nadal á Coresma, celebráronse as mesmas festas, fixas ou móbiles. Durante séculos o período do Carnaval principiouse, máis ou menos tacitamente, a partir do mesmo Nadal (...)

Non hai dúbida de que, en boa medida, todas as prácticas se axustan ou axustaban, en liñas xerais, a moldes moi vellos. Máis tamén é ben certo que moitos dos seus elementos son de novo cuño e pode haber unha grande fluidez na súa interpretación....

En primeiro lugar cómpre ter unha visión clara do conxunto do medio cultural no que se desenvolven estas festas (Carnaval), hoxe xa con síntomas de morte, e onde se desenvolveron máis vizosas noutra época, que é o rural, ou o de cidade e vilas de estructura moi distinta ás modernas industrializadas; unha mesma festa poderá atoparse nunha aldea de catro ou cinco veciños e nunha cidade de regular tamaño. Outras só na aldea.

Está claro que a partir da metade do século XIX polo menos, hai un ha tendencia xeral a desterra-los usos e costumes "tradicionais" en conxunto, pero especialmente os de carácter "plástico" e que, á vez, o seu sentido se debeu modificar algo respecto ó que tiñan aínda a finais do XVIII...

Non obstante, non aparece precisada con tanta claridade a data na que cabe afirmar que os ritos e festividades mostraban xa unha fisionomía semellante á que mantiveron ata Idade Contemporánea. Máis é posible soster que nas postremeiras da Idade Moderna xa estaban fixados a maioría dos modelos e que  nun momento moi remoto daquela Idade mostraban os máis importantes trazos que hoxe os caracterizan. E non só na Península, senón en amplas extensións de Europa...

 

 

II. De Vicente Risco no capítulo "Etnografía. Cultural espiritual" na Historia de Galiza de Ramón Otero Pedrayo. Madrid, 1979, páx. 611, vol. I:

A orixe das festas do Entroido non ten sido determinada dun xeito preciso. Teñen semellanzas ben grandes con certas festas pagás da Antigüidade, que recúan deica tempos prehistóricos. Deriváronas moitos das Saturnalia dos romanos, mais teñen parentesco con usanzas gregas, como as festas de Dionysos, e con outras dos celtas e dos xermanos, das que dá noticia Tácito, dedicadas polos últimos á deusa Nertha ou Hertha. Mais non hai maneira de negar a fonda influencia do ciclo litúrxico cristián no noso Entroido e o seu carácter de carnes tollendas, despedida honrosa que se lle dá ás carnes, en especial á de marrán, nas vésperas da abstinencia coresmal, tan rigorosa noutro tempo.

O tempo de Entroido leva dúas semanas e media: as de Septuaxésima, Sesaxésima e tres ou catro días da Quincuaxésima. Os días sinalados son: Domingo Fareleiro, Xoves de Compadres, Domingo Corredoiro, Xoves de Comadres, Domingo de Entroido ou Gordo, Luns de Entroido, Martes ou Terza Feira Gorda e Mércores de Cinza. As festas antigas a que fan remonta-lo Entroido podían ser noutros tempos, mais é sabido que as datas das festas desprázanse doadamente, e o noso Entroido, como o de todo o noso círculo cultural, suxeitouse ó ano cristián...

 

 

III. De Julio Caro Baroja, ibid. páx. 25, 158, 8: 

O Carnaval morreu; morreu e non para resucitar como noutro tempo resucitaba anualmente... O Carnaval non o matou, sen embargo, nin o auxe do espírito relixioso, nin a acción das esquerdas. Deu conta del unha concepción da vida que non é pagá nin anticristiá, senón secularizada, dun laicismo burocrático... Agora direi, polo que me toca, que mentres o home creu que, dun xeito ou doutro, a súa vida estaba sometida a forzas sobrenaturais ou preternaturais, o Carnaval foi posible. Desde o momento no que todo se regulamenta, mesmo a diversión, seguindo criterios concelleirís, atendendo ás ideas de orde social, do bo gusto, etc. o Carnaval non pode ser máis que unha mesquiña diversión de casino presuntuoso (...).

O se-lo catolicismo antigo unha forza social tanto como espiritual, semellante asociación de feitos antitéticos, como son os carnavaleiros e os coresmais, tiña un fondo significado na vida das xentes. Pero cando a unidade católica se desfai, cando os mesmos católicos axustan máis a súa conducta á intelixencia que ó corazón, á imaxinación ou ós sentidos, non só o Carnaval, senón tódalas demais vellas festas tenden a desaparecer, a morrer ... Todo o que sexa sensualidade e acción na vida colectiva transfírese ós espectáculos deportivos máis que a práctica do deporte (...)

Existe algunha razón para conceder unha clara superioridade a estas festas fronte a maioría das actuais. Aínda que se sometan a patróns moi ríxidos sempre teñen un carácter activo. A diversión de hoxe é pasiva. O home ou a muller reciben todo feito, sexa polo televisor, mediante a radio, o cine, ou o estadio ... Nas festas de diversión antigas tiña que crear, que participar na súa preparación.

 

 

IIII. De Federico Cocho, O Carnaval en Galicia. Vigo, 1990, páx. 18-19. 

Aquelas celebracións do Carnaval, non circunscritas ós tres días de hoxe nuns casos ou reducidas a un só noutros, xogaban un importante papel de liberación de tensións colectivas amontoadas durante o ano da vida dunha comunidade. Tratábase dunha festa exorcista, dun período de máxima liberdade que se aproveitaba para lima-las asperezas e solta-los lastres acumulados nunha sociedade tan pequena e pechada. Os "sermóns" e os "testamentos" tradicionais en tempo de Entroido deberon de ser un antecedente das modernas terapias de grupo. As pequenas e non tan pequenas faltas duns e doutros saían a público lucimento e ninguén podía toma-lo a mal.

 

O Entroido abría a espita á crítica. A unha crítica impensable o resto dos días na controladísima vida da aldea. O Entroido permitíao todo. O Entroido dáballe azos á creatividade e á capacidade dramática de persoas afastadas dos refinamentos da cultura elitista. O Entroido expresaba algúns dos compoñentes máis profundos da idiosincrasia do home rural galego, que é tanto como dicir do pobo galego, os seus temores máis ancestrais e os seus rituais para afasta-los perigos para si, para o seu gando e para as súas terras. Noutras ocasións, a propia festa do Carnaval servía para reafirma-los lazos de identidade colectiva dunha aldea ou dunha parroquia (...).

 

Anterior        Seguinte