![]()
|
Non se pode soster, en rigor, que o Entroido galego sexa esencialmente diferente do que se celebra noutros países. A súa orixe, as súas funcións e significados coinciden cos que caracterizan estas festas en todo o mundo. Non obstante, por múltiples datos peculiares, si se pode afirmar que en Galicia o Entroido ten personalidade propia.
Houbo un tempo no que ningunha aldea galega que se prezase deixaba de vivir as súas entroidadas, espontáneas, sinxelas e liberadoras. Non se trataba de manifestacións nin de actos culturais programados, financiados e organizados como se entenden na actualidade. Eran festas colectivas e populares, xurdidas dunha tolería espontánea na que tomaba parte toda a aldea. O tempo de Entroido abría unha paréntese na monótona e dura vida diaria. Un tempo co seu propio e particular ritmo e código de comportamento, diametralmente oposto ó vixente o resto do ano. Na Galicia rural dos nosos antergos, a chegada do Entroido sinalaba a fin dun longo inverno e a chegada das sementeiras, por unha banda, e o comezo da Coresma coas súas estrictas regras e sacrificios, pola outra.
O Entroido abría a espita á crítica. A unha crítica impensable o resto dos días na controladísima vida da aldea. O entroido permitíao todo. Ridiculizábao todo. Desmitificábao todo. O Entroido dáballe azos á creatividade e á capacidade dramática de persoas afastadas dos refinamentos da cultura elitista.
En paralelo a estes
entroidos rurais, celébranse en Galicia, desde mediados do século XIX e cos
altibaixos impostos pola represión, Carnavais urbanos, introducidos e
organizados polas elites económicas e sociais das cidades galegas, ás que se
sumaron logo as pequenas burguesías emerxentes nas vilas. Tratábase e
trátase dun Carnaval fino e elegante, desprovisto dos elementos rudos das
celebracións “ de los paletos de aldea”, como se dicía daquela. E
Aquel Entroido rural de sátira, crítica, enchente e inversión de papeis sufriu persecución. O outro, o da cidade, non tanto, aínda que non se librou dos ríxidos controis que impuxeron os celosos gardiáns da moral cristiá integrista, triunfante no 39. Desde aquela data, a xente só gozou do Carnaval en salóns sociais, círculos recreativos, casinos e sociedades culturais. Ó mundo estético do Carnaval urbano pertencen os disfraces bonitos e caros, as rondallas, as comparsas uniformadas, as fermosas carrozas, os bailes de mascariñas, os confetis, as serpentinas e as améndoas arroxadas ás damas do balcón.
A transformación é patente. Fronte ó espontáneo predomina o organizado, matiz que atenta contra a máis xenuína esencia anti-control e anti-regulamento dos usos e costumes do Entroido. O disfrace individual perde importancia fronte á comparsa temática, que xa nada ten que ver coas farsas tradicionais.
Pese a todo, o sentido profundo non cambia: a sátira e a crítica, a permisividade e a transgresión seguen vixentes. Mentres o Entroido conserve este carácter, podemos dicir que, aínda transformado, segue vivo.
Perviviron uns cantos e contados entroido rurais nalgúns recunchos de Galicia
Esta é unha mostra dalgúns dos que se conservan, os máis singulares ou espectaculares, que loitan por manter a pureza contra os ataques da modernidade
Chámanse peliqueiros ou cigarróns as máscaras características de Laza e Verín (Ourense) e comarcas próximas. Posiblemente sexa o entroido máis antigo e espectacular de Galicia.
O peliqueiro loce un traxe moi colorista: camisa branca, gravata vermella,chaqueta curta moi adornada,calzóns brancos, medias de cores vivas e zapatos de punta fina. No van, pola parte posterior, leva seis grandes chocas. A máscara é de madeira e remata nunha especie de mitra decorada con debuxos de animais; na parte posterior péchase coa pelica dun animal. Na man leva unha zamarra ou zamarallo, látego co que o peliqueiro zurra a xente.
En Laza e as súas parroquias sae tamén a Morena. É a representación dunha vaca. A cabeza está feita de madeira e os cornos son auténticos. Os ollos e a lingua son dun encarnado forte. A Morena arremete contra a xente e sente especial debilidade polas mulleres con saias, que tenta levantar cos seus cornos. Os mozos que a escoltan levan fariña para emporcallar o persoal presente e un temido saco con formigas excitadas. Esta insólita munición tentan colocarlla entre as roupas ós escaldados veciños, que procuran non saír á rúa sen vestiario ben hermético.
Outro dos actos tradicionais en Laza é o Testamento do Burro. Un gracioso do lugar montado nun burro procede a lectura dunhas burlonas e satíricas coplas que recordan os aconteceres da vila desde o entroido anterior e somete a burlas ós veciños que os protagonizaron. Está moi mal visto non asistir ó Testamento do Burro, acto que consiste nun simbólico reparto das parte do animal.
A festa remata coa queima do Entroido que presidiu o exceso, tras un paseo en carro pola vila.
Son as máscaras únicas e exclusivas de Xinzo. Son as máscaras raíñas dun carnaval amplo e extenso, o máis extenso de Galicia, xa que os tres días grandes van prologados doutros domingos dedicados ó Fareleiro, ó Oleiro e ó Corredoiro. É o de Xinzo un Entroido con uns matices cada vez máis urbanos, pero sen perder a súa autenticidade.
A Pantalla viste
calzón longo e camisa ou camiseta brancos .Nas pernas unhas polainas negras
e na cintura unha faixa
A careta ou pantalla cobre a cara e a cabeza. É unha soa peza confeccionada artesanalmente. A cara representa un demo de expresión máis amable ca malvada e con elegante bigote pintado.Vai decorada con debuxos de figuras astrais ou de animais.Nas mans, enluvadas, leva unha ou dúas vexigas de vaca curadas e infladas que baten entre si.
En grupos que acostuman a incluír de tres a dez pantallas, corren polas rúas. As pantallas, erixidas en algo así como gardas da orde carnavalesca, buscan os nativos do lugar que cometeron a ousadía de saír á rúa sen ningún tipo de disfrace. É unha herexía que ten que ser castigada. Se é muller, acósana facendo figuras diante dela e ameaazándoa coas vexigas. Se é home, a cousa varía e o ritual adquire toda a forza. Unha vez avistado o infractor, as pantallas corren cara el e, se este se percata, debe tentar a fuxida. Ten dúas posibilidades: correr ou refuxiarse nun dos moitos bares que hai na vila. Se é alcanzado, débese resistir. As pantallas conducirano pola forza, probablemente en brazos, ó bar máis próximo. A multa é unha rolda de viños para o grupo de pantallas.
O Xenerais do val do Ulla chaman a atención polos seus uniformes de gran gala e polo porte dos cabalos que montan, adecuadamente adobiados para a ocasión. Visten unha chaqueta que vai repleta de enfeites, charreteiras, bordados, flocos, bandas e medallas. Van acompañados dun pequeno exército parroquial .
O prato forte desta
mascarada de ámbalas ribeiras do Ulla son os atranques ou enfrontamentos que
antigamente había entre comparsas de dúas parroquias e hoxe son internos,
entre xenerais e correos da mesma parroquia, divididos en dous bandos.
Trátase dun choque pura e intensamente verbal e rimado. A regueifa que os
As Madamas e Galáns son personaxes do Entroido, lucidos e elegantes, que están presentes en moitas mascaradas da Europa meridional. Foron moi frecuentes en toda Galicia, pero actualmente só se poden ver en Cobres (Vilaboa - Pontevedra)
A comparsa ten entre quince e vinte compoñentes que durante os tres días do Entroido dedícanse a visitar as casas dos veciños. Alí bailan e son correspondidos con donativos para a festa.
O engado da comparsa
de Cobre
A actividade carnavalesca deste grupo céntrase no baile, nas danzas de Entroido que executan con pasos de xotas e muiñeiras. |