PEGMATITA

A pegmatita é unha rocha filoniana, é dicir, o magma solidifica no interior de fendas das rochas, polo que aparece en plutóns con forma de taboa chamados filóns (diques ou sills).

Os minerais principais son o cuarzo, feldespato e mica que forman grandes cristais (textura pegmatítica) o que permite diferenciala do granito. Frecuentemente leva asociados outros minerais que poden ser obxecto de explotación (turmalina, berilo, ouro, etc.)

MÁIS INFORMACIÓN

En Redondela son frecuentes os diques de pegmatita nos granitos. A foto da dereita está tomada na praia vella de Cesantes.

   
   

NOVA ROCHA