A PRAIA

Cerca do Instituto, ó pe do Monte da Canteira, temos a Praia Vella de Cesantes.

Unha praia é unha zona da costa, suavemente inclinada cara o mar, e que está formada por sedimentos carrexados polas ondas.

A praia vella de Cesantes é unha pequena praia de peto, situada entre dous saintes rochosos e na que os sedimentos predominantes son areas mesturadas con fangos (limos e arxilas).

AS ROCHAS DA PRAIA

mapxeo.jpg (104402 bytes)

As praias con rochedo adoitan ser un bo sitio para observar o tipo de rochas. Nesta praia se poden recoñecer dous tipos ca axuda do mapa xeolóxico adxunto.

AS ALGAS E A ZONACIÓN

As algas son vexetais moi sinxelos que non teñen o seu corpo dividido nas clásicas partes de raiz, talo e follas, a pesares de que en ocasións o pode semellar. As suas células non forman verdadeiros tecidos e estan adaptadas á vida acuática, sendo a maioría mariñas.

 

Como podes ver na foto a nosa praia e rica en algas. Se se observan con atención poderas ver que non son todas iguais, senon que aparecen distintas especies que se dispoñen en bandas paralelas á costa. Esta distribución chámase zonación e depende da resistencia de cada tipo de algas á desecación.

Ademáis das algas tamén se pode observar unha planta chamada seba (Zoostera sp), esta si é unha planta típica con raiz, talo e follas (cormofita).

Para observar todas estas características é necesario visitar a praia cando a marea está baixa, para que deberás consultar unhas táboas de mareas

marisma ] arboredo ] [ praia ] charca ]