PROGRAMACIÓN ECONOMÍA 1º BACHARELATO

 

8 – METODOLOXÍA

A metodoloxía basearase nas indicacións do citado Decreto 126/2008, como son:

Orientacións metodolóxicas (Decreto 126/2008)

-Presentar as cuestións e problemas económicos contextualizados e relacionando, en todo momento, as causas e os efectos. Preténdese fuxir do enfoque unicamente académico e formalista, que achega gran cantidade de conceptos pero non a suficiente capacidade explicativa dos problemas reais. Por outro lado, tamén se evitará o enfoque exclusivamente descritivo dos feitos económicos, que proporciona gran cantidade de información, pero con escaso poder explicativo das causas que orixinan os problemas.

-Análise dos feitos, valoración de alternativas, prognóstico de efectos e posicións diferentes ante un mesmo problema.

-Partir da interpretación social da realidade económica, buscando integrar a teoría económica e a
economía real, intentando asegurar ao mesmo tempo un marco conceptual sobre o cal seguir aprendendo.

-A realización de investigacións sinxelas que impliquen a aplicación práctica a un caso concreto
da metodoloxía do razoamento económico axudará a entender a economía como algo real, útil e próximo que permita transitar desde o particular ao xeral.

-Acceso a textos xornalísticos da prensa diaria ou especializada e uso da prensa dixital, así como do material ou gravacións videográficas de espazos televisivos onde se traten temas relacionados coa materia e que presenten propostas concretas de actividades que sirvan para vincular os contidos desenvolvimos na aula cos acontecementos económicos cotiáns. Consulta de páxinas web de determinados organismos públicos, institucións ou empresas que poden proporcionar información interesante para a materia coa finalidade da realización de traballos
individuais ou en grupo do alumnado, con exposición oral ou escrita posterior das ideas propias ou dos resultados dos traballos realizados.

 

Outras consideracións

Para os alumnos de bacharelato esta é unha materia que estudiarán maioritariamente por primeira vez, sen embargo, sí teñen conceptos previos relativos a asignatura xa que os contidos económicos están presentes na vida diaria da sociedade actual; por iso comenzarase o curso facendo unha avaliación inicial, para deste modo analizar os coñecementos previos do alumnado nesta materia, a partir de aquí, o desenvolvemento das distintias unidades farase de modo progresivo: e decir, incorporando novos conceptos de forma paulatina, buscando sempre a interrelación entre eles, e tamén a interrelación con outras materias deste curso e con temas de actualidade económica. Deste modo búscase que o alumnado manexe e asimile con soltura todos os conceptos das distintas unidades.

Promoverase polo tanto unha aprendizaxe significativa e constructiva no alumnado, e non basa-la asignatura nunha simple aprendizaxe memorística. Para isto o desenvolvemento das clases basearase na exposición do profesor pero sempre buscando a participación activa do alumnado: cada tema será tratado pola clase no seu conxunto, ademais o profesor fará preguntas para comprobar o grao de comprensión da materia, facilitará o debate e a participación activa do alumnado no desenvolvemento da clase.

Lograr motivar o alumnado cara esta materia, buscando a parte “cotián” da economía e propoñendo exemplos cercanos á realidade do alumnado, será un dos obxectivos principais do profesor no transcurso do curso. Ademáis esta materia tamén se utilizará, dadas as súas características de actualidade, para promove-lo debate de áreas que se poden considerar como transversais, deste modo favorecerase partindo do profesor unha educación para á paz, a igualdade entre sexos, relixións, culturas, etc;  a tolerancia, o respecto a outras culturas, valores democráticos, etc.

A aplicación concreta dos contidos desta programación está incluida no apartado 14 – Tratamento do Fomento das TIC.

 

Anterior
Indice Programación
Seguinte