UNIDADE 4 - TIPOS DE MERCADOS

 

4.3 - OS FALLOS DO MERCADO

En moitos casos o mercado é capaz de dar resposta ás demandas dos consumidores, pero hai noutros casos en que non é así. Nalgúns casos o mercado (desde o punto de vista do mercado libre ou a economía de mercado) non é capaz de resolver determinados problemas individuais ou colectivos.

 

NECESIDADE DE BENS PÚBLICOS

Cando en primavera chega o bo tempo, as praias aínda están sucias, ou polo menos non tan limpas como en verán. Normalmente os concellos contratan os servizos de mantemento (ou desenvólvenos co seu persoal) para a tempada de verán para que limpen as praias. Os visitantes quéixanse de que as praias non están limpas pero, ¿estarían dispostos a pagar pola limpeza das praias?, estarían dispostos a acudir a unha praia limpa se na baixada á mesma houbese unha persoa para cobrarlle pola limpeza?. Non (na maioría dos casos), xa que é un servizo ao que estamos acostumados e non pensamos que para que a praia estea limpa alguén ten que incorrer nuns custos. Pero, quen soporta estes custos?, o mercado?

 

 

EXISTENCIA DE EXTERNALIDADES NEGATIVAS

As costas galegas soportan un tráfico enorme de buques que transportan diferentes produtos no mercado internacional. Como consecuencia diso, en determinadas ocasións os habitantes da costa soportan efectos negativos como os ocorridos no ano 2002 co afundimento do Prestige. Se ben os cidadáns galegos non teñen ningún beneficio como consecuencia das rutas marítimas que pasan perto das súas costas, ¿por que teñen que soportar tamén os efectos negativos delas?. ¿Como faría o mercado para solucionar estes problemas?, quen debe garantir que isto non pase?

 

ABUSO DE POSICIÓNS DOMINANTES

Como viamos en apartados anteriores, en determinados casos, a posición dominante dunha empresa pode resultar prexudicial para os consumidores, xa que lle compensa subir os prezos para gañar máis, aínda que supoña vender menos unidades e menos consumidores poidan acceder aos seus produtos ou servizos. Nalgúns casos non supón demasiado problema o non consumilos pero cando se trata de bens de primeira necesidade o prexuízo é moi grande. Quen se encarga de velar por estes intereses dos cidadáns?¿Como?.

 

DISTRIBUCIÓN DESIGUAL DA RENDA E DAS OPORTUNIDADES

Nas diferentes economías existen persoas máis ricas e persoas máis pobres. É indubidable que as posibilidades de ter un bo traballo, unha renda suficiente para poder vivir dignamente, está máis ao alcance das persoas que contan con máis recursos para poder obter unha educación axeitada, así como máis tempo para poder dedicarse a iso (pensemos nos países nos que se produce explotación infantil, ¿por que traballan os nenos?, ¿porque lles gusta?, ou porque sen os seus ingresos a súa familia non podería sobrevivir?). ¿Quen garante a igualdade de oportunidades?¿O mercado?.

 

 

O mercado ten unha serie de fallos (moitos ou poucos segundo o pensamento económico) e son debidos aos fallos do mecanismo de prezos para asignar correctamente os recursos ou a deficientes lexislacións que permiten a axentes económicos aproveitarse da súa posición dominante.

Nestes casos, é o Estado o que debe dar resposta a estas cuestións. Vexamos cada un dos diferentes fallos do mercado. Imos considerar os seguintes fallos do mercado:

CONSECUENCIAS DOS FALLOS DO MERCADO

Externalidades

Bens públicos

Distribución desigual da renda

Posiciones de dominio

 

4.3.1 - As externalidades

As externalidades son os efectos indirectos causados polos axentes produtivos. Estes efectos dinse que son indirectos xa que afectan a persoas que non están directamente relacionados coa actividade dos mesmos.

As externalidades podemos clasificalas en positivas ou negativas.

 

Externalidades negativas

Externalidades negativas: efectos indirectos negativos causados a terceiros por axentes produtivos.

Exemplo: Nunha determinada cidade, hai un edificio destinado a vivendas, e nos seus dous baixos comerciais desenvolve a súa actividade un hipermercado e unha cafetería.

As empresas que xestionan estas actividades comerciais desenvolven a súa actividade cuns custos coñecidos, os custos de compra de mercancía, de persoal, mantemento, amortización do inmoble e outros subministracións. Todos estes custos dos diferentes factores produtivos utilizados (terra, traballo e capital) son custos internos que asumen sen ningunha dúbida.

Pero como consecuencia da súa actividade, os veciños quéixanse de, entre outras cousas:
- o ruído que nos almacéns do hipermercado fan os traspalés (carretillas de transporte) ao recibir a mercancía a primeiras horas da mañá (desde as 6:30 segundo algúns veciños) e que lles impiden durmir.
- o ruído que fan nos baixos do hiper ao cortar a carne a primeiras horas da mañá, para poñela á venda ao abrir o hipermercado.
- o ruído que fan os camións de transporte de mercancía desde primeiras horas da mañá, así como os desperfectos causados no inmobiliario urbano (rotura de beirarrúas, canalizacións de auga, etc.).
- altas temperaturas sufridas nas vivendas como consecuencia da existencia dunha sala de máquinas debaixo dunhas vivendas, así como da orientación directa para os ventanales das vivendas de rejillas de ventilación (das cales saen masas de aire moi quente) que impiden aos veciños ter as fiestras abertas en verán.
- Cheiros nas vivendas como consecuencia da deficiente evacuación dos fumes procedentes da cafetería-restaurante
- Residuos abandonados polos mozos que compran as bebidas os sábados pola noite para facer botellón e preparan os seus cócteles no contorno do hiper sen recoller os envases utilizados (aínda que teñan numerosos contedores para depositalos).
- Etc.

Todas estas queixas dos veciños supoñen efectos indirectos da actividade destas empresas, ¿como se miden estes custos?, ¿quenes os soportan?, ¿como se poden reducir?

Que custo supón a perda de sono?, debería pagarlle algunha cantidade o hipermercado aos veciños que non poden durmir?, estarían dispostos a renunciar ao seu sono a cambio de diñeiro?, que consecuencias no desenvolvemento do seu traballo ten a falta de sono dos veciños?, que custo supón isto para a economía en xeral?.

Todos estes custos, que son difíciles de valorar, constitúen externalidades negativas, efectos indirectos negativos dunha actividade (neste caso comercial) sobre terceiras persoas que non teñen nada que ver nin se benefician da actividade.

 

Exemplo: outras actividades que xeran externalidades negativas son por exemplo, as centrais nucleares (de actualidade polo debate sobre enerxía nuclear ou non), en forma de inseguridade para as poboacións limítrofes e outras. É dicir, debemos valorar os custos que non se internalizan por parte desta industria.

Exemplo: tamén se fala ultimamente das externalidades negativas da enerxía eólica, coa colocación de numerosas turbinas xeradoras, que provocan un impacto paisaxístico, ademais de inutilizar estes terreos para outro tipo de actividades. Actualmente está de moda colocalas no mar, pero xa está habendo críticas a estas ubicacións.

 

 

Externalidades positivas:

 

 

Externalidades positivas: son os efectos indirectos positivos que unha actividade industrial (ou comercial) causan sobre terceiros.

No caso do hipermercado, os veciños pódense beneficiar da comodidade de ter un hipermercado perto para realizar as súas compras, da maior seguridade que pode supoñer a existencia de vixilancia (cámaras de seguridade e vixiantes xurados na contorna do hipermercado) que supón unha maior vixilancia da zona, etc.

A celebración da Expo Zaragoza pode ser discutida por diferentes causas, pero unha posible externalidad positiva sería o investimento en infraestrutura (accesos, infraestrutura hoteleira, etc.) que supón a mellora da calidade de vida para os cidadáns de Zaragoza unha vez finalizada a exposición.

 

4.3.2 - Bens públicos

Debido a que existen determinados bens ou servizos que non serían ofrecidos a un prezo razoable, ou que non terían un prezo de mercado, é necesaria a existencia dos bens (ou servizos) públicos, para que os cidadáns dunha economía poidan satisfacer as súas necesidades básicas que lles permitan o seu desenvolvemento integral como persoas.

Servizos públicos como a educación, a sanidade, a xustiza, forzas e corpos de seguridade do Estado, etc. Para que todos os cidadáns poidan dispoñer deles de forma universal, é necesaria a existencia da intervención estatal.

Bens públicos como as praias, de xeito que se prohiba a calquera iniciativa privada obstruír o acceso ás mesmas, xa que son consideradas como publicas. Algo ao que estamos acostumados non é tan habitual noutros países nos que hai que pagar para acceder a determinadas praias (que casualmente son as mellores).

Para que non se produzan catástrofes como a do Prestige, o Estado debe dispoñer dunha lexislación axeitada. Debe conseguir acordos internacionais para que non se produza este tipo de transporte perto das costas galegas, acordos que impidan a navegación a determinados buques perigosos e, no caso de producirse a catástrofe, dispoñer dos medios suficientes para facerlle fronte. Os habitantes da costa galega non terían suficiente poder como para poder esixir isto.

 

4.3.3 - Distribucións desiguais da renta

Para garantir a igualdade de oportunidades, así como a asistencia a persoas que están pasando por diferentes dificultades, é necesaria a intervención do Estado, garantindo uns mínimos. Estes aspectos serán tratados en posteriores unidades.

 

 

4.3.4 - Posicións de dominio

Cando unha empresa ten unha determinada posición de dominio, de privilexio, o Estado actúa para fomentar a competencia que redunde no beneficio da colectividade. Os casos de dominio máis coñecidos son os de monopolio pero na actualidade os máis habituais son os oligopolios, presentes en moitos dos mercados básicos da economía.

 

SABER MÁIS:

En 1960 Ronald H. Coase propuxo unha idea chamada teorema do custo social ou teorema de Coase que non só serviu para comprender con maior claridade o problema dos custos externos e os seus posibles solucións, senón que está considerado a orixe do moderno Análise Económico do Dereito e lle valeu a concesión do premio Nobel de 1991.

La polución de los ríos y el teorema de Coase (eumed.net)
El problema del Costo Social ((PDF-eumed.net)

 

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina