EXERCICIOS MACROMAGNITUDES
EXERCICIO 1: Coñecemos os seguintes datos macroeconómicos dunha economía:
Consumo: 60.000; Investimento: 30.000; Gasto Público: 20.000; Exportacións: 10.000; Importacións: 20.000; Impostos Indirectos: 20.000; Subvencións: 5.000; Rendas Factores estranxeiros na economía: 2.000; Rendas Factores nacionais no estranxeiro: 1.000
a) Calcular o PIB a custo de factores.
b) Calcular a Renda Nacional se sabemos que as amortizacións foron por valor de 10.000.
c) Sabemos que os Impostos sobre beneficios foron de 6.000, os Beneficios non distribuídos de 5.000, as Cotizacións á Seguridade Social de 8.000 e as Transferencias do Estado de 10.000. Calcula a Renda Persoal.
d) Se os Impostos Directos foron por valor de 15.000, calcula a Renda Persoal Dispoñible.
EXERCICIO 2: Supoñemos unha economía composta por dúas familias, unha empresa, un banco estranxeiro e o Estado, da cal coñecemos os seguintes datos do último ano:
Familia 1: Paula traballa para a empresa e cobra ao ano 30.000€ (dos cales ten que pagar como Cotizacións á Seguridade Social 2.000€). Mario está en paro, xa que se dedicaba á construción e quedouse sen traballo debido á recesión económica do último ano, xa que logo cobra unha prestación por desemprego de 8.000€. Ambos teñen alugado un local comercial á empresa polo que reciben 20.000€. Tamén fan a declaración da renda (Imposto Directo) pagando un total de 5.000€.
Familia B: integrada por unha única persoa propietaria da empresa. Como consecuencia da súa actividade a empresa obtivo uns beneficios de 60.000€, dos cales non gozou (non distribuíu para investir e aumentar o seu tamaño) por 10.000. Tivo que pagar un 25% de imposto sobre beneficios (sobre os 60.000€). Tamén dispón dun diñeiro no banco polo cal obtivo uns Xuros de 5.000€.
Calcular: a Renda Nacional, Renda Persoal e Renda Persoal Dispoñible. Para iso, antes cobre os datos do seguinte cadro:
Soldos e sal.: |
Cotizacións SS: |
TE: |
Rdas. Terra: |
Td: |
Bº: |
Bnd: |
Imp Bº: |
Xuros: |
EXERCICIO 3: Nunha determinada economía, as economías domésticas adquiriron bens e servizos por valor de 150.000, as empresas investiron por importe de 40.000 e o Estado realizou un gasto de 30.000. As importacións foron por valor de 30.000 e as exportacións por valor de 55.000.
Os impostos indirectos ascenderon a 35.000 e as empresas recibiron subvencións por valor de 10.000.
a) Calcular o PIN sabendo que a depreciación sufrida polo factor capital foi de 5.000
b) Calcula a Renda Nacional se na devandita economía, unha empresa estranxeira obtivo unhas rendas por valor de 2.500 e varios traballadores obtiveron no estranxeiro unhas rendas por valor de 4.500.
EXERCICIO 4: Dados os seguintes datos dunha economía: consumo 75.000; gasto público 25.500; investimento 12.500; importacións 5.000; exportacións 9.750; renda de factores estranxeiros no país 6.500; renda de factores nacionais no estranxeiro 9.500. Calcular o PNB.
EXERCICIOS MACROMAGNITUDES AVANZADOS
EXERCICIO 1: No país X danse os seguintes datos de variables macroeconómicas (datos en millóns de euros): os salarios pagos por empresas e outros axentes económicos foron de 50.000 (brutos), dos cales se pagaron un 10% de IRPF e un 5% de Seguridade Social. Os beneficios totais das diferentes empresas foron de 35.000, dos cales repartiron un 50% dos beneficios despois de impostos (ditos impostos ascenden a 5.000). As empresas han recibido subvencións do Estado por importe de 5.000. Os xuros cobrados por diferentes axentes económicos foron de 15.000. Os propietarios da terra recibiron un total de 20.000 en concepto de rendas. Calcular:
a) A renda nacional.
b) A renda persoal, tendo en conta que a imposición indirecta é de 4.500 millóns e que hai neste país 20.000 desempregados que cobran cada un un total de 10.000 euros ao ano.
c) Calcula a renda persoal dispoñible.
d) Supoñendo que a renda nacional é igual ao PNNcf, e que a depreciación é de 2.500 millóns, cal é o PNBcf?.
e) Cos datos anteriores e tendo en conta que as rendas de empresas estranxeiras no país son de 4.500 millóns, e a de empresas do país no estranxeiro é de 2.500 millóns, cal é o PIB a custo de factores?.
f) Supoñendo que a imposición indirecta é de 8.500 millóns, Cal sería o PIB a prezos de mercado?
g) E se consideramos que o consumo da economía foi por valor de 70.000 millóns, o investimento de 30.000 millóns, o gasto público de 20.000 millóns, e as exportacións ascenderon a 5.000 millóns. Calcula o valor das importacións.