UNIDADE 6 - INTERVENCIÓN DO ESTADO NA ECONOMÍA

 

6.5 - O ESTADO DO BENESTAR

Estado do Benestar: Tradución da expresión inglesa welfare state que se utiliza para facer mención das novas actividades sociais que asumiron certos Estados modernos. O Estado de benestar, característico de varios países de Europa Occidental, ofrece educación e atención médica gratuítas, vivendas de baixo custo, pensións de vellez, retiro e doenza, transferencias directas para os desempregados e os pobres, así como outros programas sociais de diversa natureza.

Nos últimos anos se reverteu en parte a tendencia que levou á ampliación de funcións característica dos Estados de benestar. Iso aconteceu por varios motivos:

a) pola revalorización da economía de mercado, o cal leva a tratar de eliminar as distorsións que, sobre a asignación xeral de recursos, producen estas amplas políticas;

b) polos crecentes défices que se van xerando cando o gasto público se aumenta desta maneira;

c) pola ineficiencia de moitas destas políticas para erradicar os males sociais que se propoñen combater, en especial no que fai á eliminación da pobreza e o desemprego.

FONTE: Dicionario de Economía e Finanzas (www.eumed.net)

 

LER:

Suecia despois do modelo Sueco - Libertad Digital

O Estado de benestar reduce a desigualdade en Europa ó dobre que en EE UU - El País

 

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina