UNIDADE 7 - DIÑEIRO E INFLACIÓN |
7.3 - O PREZO DO DIÑEIRO
Calquera ben ou servizo ten un prezo, o diñeiro tamén.
Se non dispoñemos de diñeiro podemos acudir a un banco ou outro prestamista para pedírllo e cederanos o seu uso durante un período de tempo. A cambio nos vai cobrar un prezo, este prezo será o tipo de interese.
Tipo de interese
Se dispoñemos dun diñeiro que non necesitaremos ata un momento futuro, podemos decidir ceder o seu uso temporalmente a outros axentes económicos, neste caso cobrarémoslles tamén un prezo, que está determinado polo tipo de xuro.
Exemplo préstamo: Juan desexa comprarse un coche, para o cal necesita 10.000 € que non ten. Acode a un banco para pedir un préstamo deste importe e ofrécenlle as seguintes condicións: prezo ao que lle prestan o diñeiro 10% anual (pagable por trimestres, é dicir, cada trimestre un 2,5% ), e deberá devolver o principal (10.000€) ao final do ano. Que cantidades deberá pagar Juan en cada momento?
Momentos |
Xuros |
Devolución Préstamo |
Pagos totais |
Valor do Préstamo |
Momento 0 |
10.000 |
|||
3 meses |
250 |
250 |
10.000 |
|
6 meses |
250 |
250 |
10.000 |
|
9 meses |
250 |
250 |
10.000 |
|
12 meses |
250 |
10.000 |
10.250 |
|
TOTAIS |
1.000 |
10.000 |
11.000 |
Exemplo depósito: Luisa dispón de 10.000 euros, que sabe que non vai necesitar ata dentro de, polo menos, un ano. Decide depositalos nun banco que lle ofrece un tipo de interese do 10% trimestral (2,5% cada tres meses). Depositarao durante un ano, renovándose o depósito cada tres meses xunto cos xuros xerados. Que cantidade recibirá a final de ano?
Momentos |
Xuros |
Valor Depósito |
Novo Depósito |
Momento 0 |
10.000 |
||
3 meses |
250 |
10.250 |
10.250 |
6 meses |
256,25 |
10.506,25 |
10.506,25 |
9 meses |
262,66 |
10.768,91 |
10.768,91 |
12 meses |
269,22 |
11.038,13 |
Os tipos de xuro determínanse como un tanto por cen sobre a cantidade de diñeiro prestada.
Por que, aínda que o tipo de interese parece o mesmo no préstamo e depósito anterior, as cantidades a pagar son distintas?
O custo dun préstamo non se limita aos xuros que se deben pagar para devolver as cantidades prestadas, senón que en moitos casos hai outros gastos asociados “incubiertos”, como os gastos de apertura, de xestión, etc. Isto supón que, aínda que inicialmente pareza máis barato un préstamo, poida non selo; ou que parecendo que nos pagan máis polo noso diñeiro nun depósito que noutro, tampouco o sexa.
Para solucionar este problema debemos recorrer á Taxa Anual Equivalente ou TAE.
Exemplo: Nos exemplos anteriores, se temos en conta unicamente o custo de préstamo (1000€ sobre un préstamo de 10.000) sen ter en conta o momento en que se pagan os xuros, sería un 10%. O depósito ofrece un tipo de interese real do 10,38% (1.038,13€ sobre un depósito de 10.000).
Que pasaría se o préstamo tivese unha comisión de apertura do 1%?
Que Juan debería pagar no momento de constitución do préstamo 100 euros de comisión, polo que o custo total sería de 1.100 euros sobre un préstamo de 10.000. É dicir, o tipo de interese é do 10%, pero o que realmente ten que pagar (e é o que lle custa o préstamo) é un 11% sobre a cantidade solicitada.
Neste caso o tipo de interese é o 10%, pero a TAE é do 11% (o que realmente lle custou o préstamo)
A TAE ou Taxa Anual Equivalente ofrece o custo efectivo (total ou real) dun préstamo ou a remuneración efectiva dun depósito.
Factores que infúen no tipo de interese
Non todos os prestamistas están dispostos a cobrar o mesmo polo seu diñeiro. Ademais da política monetaria, que veremos, os tipos de interese van ser diferentes segundo se comporten as seguintes variables:
• Risco: a maior risco, maior tipo de interese. Canto maior sexa o risco de recuperar o diñeiro investido, esixiremos un maior tipo de interese. Así, esiximos un maior interese na renda variable que na renda fixa.
• Prazo: a maior prazo, é dicir, canto máis tempo esteamos sen poder dispoñer dese diñeiro, maior tipo de interese.
• Liquidez: canto máis fácil sexa recuperar ese diñeiro nun momento determinado, menor tipo de interese esixiremos.
Supoñamos que imos a un banco a asesorarnos na mellor opción para investir 1.000 euros aforrados e que case estamos seguro de que non necesitaremos ata dentro de 3 anos:
O asesor do banco infórmanos das seguintes opcións:
- Accións da empresa Batinsa (que non coñecemos), que se espera que no período de tres anos se revaloricen nun 30%, ademais de pagar uns dividendos anuais do 10% sobre o valor nominal, que coincide co prezo de compra neste momento e é de 1000 €/acción.
- Letras do Tesouro a 18 meses, cun tipo de interese do 4% anual
- Bono do Tesouro a 3 anos, cun tipo de interese do 4,5% anual.
- Depósito a 18 meses renovable a un tipo de interese do 4% anual. Este pódese liquidar no momento que queiramos cunha penalización do 0,5% sobre o capital depositado.
Preguntas:
a) Cal é a opción que escollerías? Por que?
b) Se escolleses as accións, a cambio de que estarías obtendo máis diñeiro?
c) Por que cres que o Tesouro Público pode pagar unha maior cantidade polos bonos que polas letras?
d) No caso de decidirche polo depósito fronte ás letras, Cal é o factor que te influiría?
SABER MÁIS: Letras, bonos e obrigacións do Tesouro