UNIDADE 7 - DIÑEIRO E INFLACIÓN |
7.4 - A INFLACIÓN: CONCEPTO E TIPOS
VIDEO: O BCE: A estabilidade de prezos
O diñeiro co tempo perde valor, isto é debido a que o habitual é que os prezos dos bens e servizos medren de forma xeneralizada, o que supón que co mesmo diñeiro se poida adquirir menos cousas.
Vexamos, co exemplo proposto no manual editado polo BCE: "A estabilidade de prezos: por que é importante para tí?:
Efecto da inflación (transcorridos n anos) no prezo de dous CD sinxelos, que, neste momento, custan 10 euros.
Custo do produto(€) |
10 |
||||
Taxa de inflación interanual |
|||||
1% |
2% |
5% |
10% |
30% |
|
Trancorridos (anos) |
Prezos estables |
Período inflacionista |
|||
1 |
10,10 |
10,20 |
10,50 |
11,00 |
13,00 |
2 |
10,20 |
10,40 |
11,03 |
12,10 |
16,90 |
3 |
10,30 |
10,61 |
11,58 |
13,31 |
21,97 |
4 |
10,41 |
10,82 |
12,16 |
14,64 |
28,56 |
5 |
10,51 |
11,04 |
12,76 |
16,11 |
37,13 |
6 |
10,62 |
11,26 |
13,40 |
17,72 |
48,27 |
7 |
10,72 |
11,49 |
14,07 |
19,49 |
62,75 |
8 |
10,83 |
11,72 |
14,77 |
21,44 |
81,57 |
9 |
10,94 |
11,95 |
15,51 |
23,58 |
106,04 |
10 |
11,05 |
12,19 |
16,29 |
25,94 |
137,86 |
Ao cabo de 5 anos, os dous CDs costarían 11,04 € cunha inflación do 2% (prezos estables segundo os obxectivos do BCE), mentres que costarían 37,13 € cunha inflación elevada do 30%.
Ao cabo de 10 años, os dous CDs costarían 12,19 € cunha inflación do 2% (prezos estables segundo os obxectivos do BCE), mentres que costarían 16,29 € cunha inflación do 5% (similar á do 2007 e esperada no 2008) en España; 25,94 € cunha inflación do 10%; e 137,86 € cunha inflación do 30%.
Como consecuencia, unha elevada taxa de inflación supón a perda do poder adquisitivo, sempre e cando non se compense a subida de prezos con subidas das rendas dos consumidores.
A capacidade adquisitiva do diñeiro cada vez é menor debido á inflación, que se pode definir como o aumento sostido do nivel xeral de prezos dunha Economía.
Inflación: aumento sostido do nivel xeral de prezos
Como consecuencia da inflación, as familias ven diminuída a súa capacidade de compra a non ser que o efecto da inflación sexa compensada por un incremento proporcional das rendas que obteñen. As empresas ven como os seus custos aumentan e, polo tanto, os produtos que venden perdendo competitividade fronte a outras economías con menos inflación.
A canto equilvalen 100 euros de hoxe, transcorridos "n" anos, segudno diferentes taxas de inflación?
Valor equivalente de 100 euros (transcorridos n anos). |
|||||
DIÑEIRO (€) |
100 |
||||
Taxa de inflación interanual |
|||||
1% |
2% |
5% |
10% |
30% |
|
Trancorridos (anos) |
Prezos estables |
Período inflacionista |
|||
1 |
99,01 |
98,04 |
95,24 |
90,91 |
76,92 |
2 |
98,03 |
96,12 |
90,70 |
82,64 |
59,17 |
3 |
97,06 |
94,23 |
86,38 |
75,13 |
45,52 |
4 |
96,10 |
92,38 |
82,27 |
68,30 |
35,01 |
5 |
95,15 |
90,57 |
78,35 |
62,09 |
26,93 |
6 |
94,20 |
88,80 |
74,62 |
56,45 |
20,72 |
7 |
93,27 |
87,06 |
71,07 |
51,32 |
15,94 |
8 |
92,35 |
85,35 |
67,68 |
46,65 |
12,26 |
9 |
91,43 |
83,68 |
64,46 |
42,41 |
9,43 |
10 |
90,53 |
82,03 |
61,39 |
38,55 |
7,25 |
100 euros de hoxe en día, equivaldrían a 90,57 € ao cabo de 5 anos cunha taxa de inflación do 2% (prezos estables segundo os obxectivos do BCE), mentres que equivaldrían a 26,93 € cunha inflación elevada do 30%.
Ao cabo de 10 años, os 100 euros equivaldrían a 82,03 € cunha inflación do 2% (prezos estables segundo os obxectivos do BCE), mentres que equivaldrían a 61,39 € cunha inflación do 5% (similar á do 2007 e esperada no 2008) en España; 38,55 € cunha inflación do 10%; e 7,25 € cunha inflación do 30%.
Como consecuencia, unha elevada taxa de inflación supón a perda do valor do diñeiro (se o mantemos líquido debaixo do colchón), sempre e cando non se invista e sexa compensada esta perda con xuros que aumenten o capital.
• Inflación moderada: cando as taxas anuais non sobrepasan o díxito (<10%).
• Inflación galopante: cando superan un díxito e pode chegar ata a tres.
• Hiperinflación: as taxas son tan elevadas cá xente non está disposta a manter o diñeiro en efectivo.
Hoxe en día, nos países industrializados temos unha inflación moderada, aínda que cabe distinguir neste caso entre a inflación latente e a aberta. A latente supón que o alza dos prezos é inferior ao 3%, mentres que se se atopa entre o 3% e o 10 %, falamos de inflación aberta.
A diferenza entre unha e outra é substancial, mentres que a inflación latente se considera normal (o obxectivo da UE é que a taxa de inflación non supere o 2%), se subimos do 3% (como o caso de Galicia e España) atopámonos nunha situación preocupante pola continua perda de competitividade nun mundo globalizado como o noso.
SABER MÁIS
Exemplos de Hiperinflación no s.XX