UNIDADE 7 - DIÑEIRO E INFLACIÓN |
7.6 - O ÍNDICE DE PREZOS AO CONSUMO
EXEMPLO BCE "A estabilidade de prezos: por que é importante para tí?”
Supoñamos que a cesta da compra representativa do gasto anual dun adolescente está composta de 100 bocadillos, 50 refrescos, 10 bebidas enerxéticas e unha bicicleta de montaña
|
O custo total da cesta pode calcularse multiplicando as cantidades polos prezos respectivos e sumándoo todo. Obsérvase claramente que, entre o primeiro e o segundo ano, o custo desta cesta de bens subiu de 300 euros a 330 euros, é dicir, un 10 %. Do primeiro ao terceiro ano, o custo aumentou de 300 euros a 360 euros, o que equivale a un 20 %. |
En consecuencia, o índice de prezos do ano 3 é:
Índice de prezos = (P3/P1) × 100 = (360/300) × 100 = 120,00
O obxectivo do índice de prezos é ofrecer unha visión xeral da evolución experimentada polos prezos de moitos bens e servizos. Tal como mostra o exemplo, o índice de prezos pode aumentar incluso se algúns prezos baixaron.
O Índice de Prezos ao Consumo (IPC) é unha medida estatística da evolución dos prezos dunha cesta de consumo típica das economías domésticas.
Para coñecer a cesta típica das economías domésticas, o Instituto Nacional de Estatística (INE) realiza un meticuloso estudo dos nosos hábitos de consumo, a chamada Enquisa de Orzamentos Familiares (EOF), a última realizada no 2001.
Unha vez coñecidos estes hábitos de consumo, compróbanse os prezos destes produtos e servizos en diferentes mercados e fíxanse como base 100 no ano 2001.
A partir de aí, tómanse os prezos dos mesmos mensualmente e faise unha media ponderada segundo os pesos de cada grupo de bens e servizos.
Segundo a última EPF, os pesos dos 12 grupos contemplados na cesta típica dos fogares españois son:
Grupos de bens e servizos EOF 2001 |
Pesos (%) |
Gasto Medio |
Alimentación e bebidas non alcohólicas |
21,5 |
|
Bebidas alcohólicas e tabaco |
3,22 |
|
Vestido e calzado |
10,04 |
|
Vivenda |
11,46 |
|
Menaxe e servizos para o fogar |
6,36 |
|
Medicina |
2,87 |
|
Transporte |
15,73 |
|
Comunicacións |
2,54 |
|
Ocio e cultura |
6,52 |
|
Ensino |
1,69 |
|
Hoteis, cafés e restaurantes |
11,33 |
|
Outros |
6,74 |
|
TOTAL |
100 |
|
Na UE utilízase o Índice de Prezos ao Consumo Armonizado (IPCA) que non é máis que un IPC que ten en conta os hábitos de consumo dos países membros coa súa ponderación correspondente.
Exercicio:
Considerando unha renda media de 19.800 € anuais (segundo os datos do INE en Galicia para 2007) calcular o gasto medio per cápita en cada un dos grupos de bens e servizos da Enquisa de Orzamentos Familiares (cubrir os datos na táboa anterior).
Exercicio: IPC Galicia e España 2002 - 2006 (Base 2001)
A taxa de inflación dun determinado período calcularase da seguinte maneira:
Taxa de inflación (n) = [(IPCn – IPC n-1)/IPC n-1] x 100
Tamén se calcula a taxa de inflación subxacente, eliminando da anterior os alimentos non elaborados e os produtos enerxéticos.