UNIDADE 7 - DIÑEIRO E INFLACIÓN |
7.7 - DATOS, OPINIÓNS E PREDICCIÓNS
Ao analizar informacións económicas debemos diferenciar entre datos, opinións e prediccións.
Continuamente estanse publicando prediccións sobre a marcha da economía, sobre as expectativas de que o PIB medre nunha ou outra contía, pero tamén se realizan continuamente revisións destas previsións. Son moitos os factores que inflúen na economía e, polo tanto, é difícil calcular con exactitude como van variar as súas principais variables.
Así como prediccións, tamén están continuamente aparecendo nos medios de comunicación opinións sobre a marcha da economía, sobre se é positiva ou negativa a última cifra de desemprego, se o crecemento da economía é baixo ou se decrece pero medra máis que a media da Unión Europea. Como xa sabemos, diferentes economistas, grandes académicos, poderían dicir exactamente o contrario e ter en parte razón calquera deles, porque a economía é unha ciencia social.
En cambio, os datos, deberían ser obxectivos. Estes soamente se obteñen a posteriori, despois de que acontezan os feitos analizados.
Por exemplo, poderiamos predicir que a Selección Española de Fútbol vai quedar entre os catro primeiro da Eurocopa, e contrastar diferentes opinións que defendan esta clasificación. Un dirían que non é posible porque o seleccionador non levou aos mellores, porque a selección española nunca gañou a nivel internacional, ou outros factores (de feito unha cadea de electrodomésticos Media-Markt, ofrece a devolución do 25% da compra se a selección pasa de cuartos). Pero os datos sábense cando acaba a Europoca.
Os datos económicos deben tamén analizarse, porque estes poden ser calculados de diferentes xeitos. Por exemplo: a inflación. É corrente escoitar conversacións de familias que din que o diñeiro non lles chega, que os prezos realmente non subiron como din no goberno porque, antes da entrada do euro, un ía á compra e con 5.000 pesetas compraba moitas cousas, pero que agora con 50 euros non se compra nada (é dicir, que a sensación final é que realmente a suba dos prezos foi maior ao 66%, lembrar que 1€=166,386 Ptas).
Exercicio 1 : Compara os datos oficiais do INE sobre a inflación desde o 2002 ao 2007 (Actividade IPC Galicia e España 2002/2006) cos datos que nos ofrece a noticia de hemeroteca “O carro da compra dispárase”. A que se deben estas diferencias?. NOTA: actualizar datos para incluír os de inflación do 2007 (ww.ine.es).
Exercicio 2: Le a noticia “O Goberno espera reducir a inflación ao 2,5% no 2008”. Diferenza datos de opinións e prediccións. Cales son os datos actuais?
Exercicio 3: Le a noticia “A oposición usa a inflación para desgastar a Solbes a dous meses das eleccións”. Diferenza datos de opinións e prediccións. Elabora un argumento que defenda a posición de Solbes e outra que defenda a do Partido Popular.
Exercicio 4:
Fíxate na diferencia entre os datos da EOF do 1992 e 2001 e analiza como evolucionaron os gastos das familias nestes anos. Duas opcións:
Grupos de bens e servizos |
Pesos 1992 |
Pesos 2001 (%) |
Gasto Medio |
Gasto Medio |
Alimentación e bebidas non alcohólicas |
26,78 |
21,5 |
||
Bebidas alcohólicas e tabaco |
2,58 |
3,22 |
||
Vestido e calzado |
11,48 |
10,04 |
||
Vivenda |
10,28 |
11,46 |
||
Menaxe e servizos para o fogar |
6,43 |
6,36 |
||
Medicina |
2,47 |
2,87 |
||
Transporte |
13,58 |
15,73 |
||
Comunicacións |
1,44 |
2,54 |
||
Ocio e cultura |
6,79 |
6,52 |
||
Ensino |
1,29 |
1,69 |
||
Hoteis, cafés e restaurantes |
10,96 |
11,33 |
||
Outros |
5,91 |
6,74 |
||
TOTAL |
99,99 |
100 |
|
|