UNIDADE 8 - SISTEMA FINANCEIRO E POLÍTICA MONETARIA

 

 

8.1 - O SISTEMA FINANCIEIRO ESPAÑOL

VIDEOS: El concursante: - - - - - (1 de 5) - - - - - (2 de 5) - - - - - (3 de 5) - - - - - (4 de 5)

Para estudar o sistema financeiro, como calquera aspecto da economía, debemos considerar a intervención de cada un dos axentes da economía.

As familias (economías domésticas) que posúen a propiedade dos medios de produción (terra, traballo e capital) e prestan a empresas e Estado, a cambio dunha remuneración (rendas da terra, soldos e salarios, xuros e beneficios) para que estes desenvolvan a actividade produtiva e poidan satisfacer as súas necesidades a través do consumo de bens e servizos (lembremos o fluxo circular da renda). A parte dos recursos que obteñen as familias (remuneración dos factores produtivos) non os destinan ao consumo senón ao aforro.

As empresas e Estado que desenvolven actividades de produción de bens e servizos, para o cal necesitan recursos para o investimento en instalacións, maquinaria, etc., capacidade de produción en definitiva. É dicir, precisan do aforro das economías domésticas.

Para poder desenvolver a actividade económica, é necesaria a utilización dun medio de cambio, o diñeiro. Tamén é necesaria a existencia de axentes que canalicen os aforros das familias, para as necesidades de investimento das empresas, estas son as chamadas institucións financeiras (en principio os bancos e caixas de aforro).

Para que o sistema funcione correctamente, é necesario que alguén emita o diñeiro (a creación de billetes e moedas para o intercambio), que estableza as regras básicas do funcionamento deste mercado e que controle a cantidade de diñeiro que hai na economía, así como o seu prezo. Disto encárganse os Bancos Centrais.

Para estudar o sistema financeiro español debemos estudar os elementos que o compoñen, é dicir, todas as institucións que permiten desenvolver esta actividade financeira, os instrumentos ou produtos que utilizan para iso, así como os mercados onde se producen os intercambios do diñeiro que aforran uns axentes e que demandan os outros.

 

O sistema financeiro español está dentro do Sistema Financeiro Europeu ou Sistema Monetario Europeo (SME) que ten como moeda o euro.

Como viamos, para que se produza o intercambio de diñeiro entre aforradores e investidores, é necesaria a existencia de determinadas institucións financeiras.

As institucións financeiras que permiten desenvolver o mercado financeiro son:

• O Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC): composto polo Banco Central Europeo, composto pola súa vez polos diferentes bancos centrais de cada un dos países que se atopan dentro do Sistema Monetario Europeo (Banco de España, Banco de Francia, etc.).

• Outros Intermediarios Financeiros Bancarios: Bancos, Caixas de Aforro e Cooperativas de Crédito.

• Intermediarios Financeiros Non Bancarios: Bolsa de Valores, compañías de seguros, fondos de investimento, etc.

 

 

O Banco Central Europeo

O Sistema Europeo de Bancos Centrais desenvolve as súas funcións a través de Banco Central Europeo (BCE).

O BCE controla a oferta monetaria, é dicir, a cantidade de diñeiro que hai na economía, así como o seu prezo (tipo de interese).

 

Funcións do BCE:

- Definir e executar a política monetaria do SME.

- Regular a circulación fiduciaria: emisión de billetes e acuñación de moedas en euros.

- Determinar o prezo oficial do diñeiro, tipo de interese oficial do diñeiro.

- Banco de bancos

- Control e inspección das entidades financeiras.

- Control de cambios: central de depósito de divisas internacionais, que utilizan para os intercambios internacionais, e para intentar controlar os tipos de cambio.

- Asesoramento aos gobernos.

 

SABER MÁIS:

Emisión de moeda polo BCE: O ciclo de efectivo

Prezo oficial do diñeiro: O BCE decide manter no 4% o prezo do diñeiro

 

 

Outros Intermediarios Financieiros Bancarios

 

Os Intermediarios financeiros bancarios son aquelas institucións financeiras que teñen a capacidade de crear diñeiro (ver epígrafe 2 – Proceso de creación do diñeiro). Podemos considerar os seguintes:

 

Banca privada

Banca privada: composta polo conxunto de bancos privados con ánimo de lucro que realiza operacións de depósito de aforros (contas correntes, de aforro, depósitos a diferentes prazos), préstamo de diñeiro e outras funcións que veremos ao desenvolver os instrumentos financeiros. Exemplos: Banco Santander, Banesto, BBVA, Banco Popular, Banco Sabadell, Bankinter, Banco Gallego, Banco de Galicia, ING Direct.

VIDEOS: - - - - - BBVA - - - - - ING - - - - - Buenafuente 305

 

 

Caixas de Aforro

Caixas de Aforro: son entidades financeiras que, se ben na actualidade realizan as mesmas actividades que a banca privada, non teñen ánimo de lucro. Seus excedentes son destinados a accións de tipo social e, sobre todo, no ámbito xeográfico en que desenvolve a súa actividade. Exemplos: La Caixa, Caja Madrid, Caixa catalunya, Bancaja, Caixa Galicia, Caixanova, etc.

VIDEOS: - - - - - Anuncio Obra Social Caja Madrid - - - - - Anuncio Caja Madrid (moi criticado)

VIDEOS: - - - - - Spot La Caixa Obra Social - - - - - La Caixa Obra Social Jóvenes

VIDEOS: - - - - - Obra Social: Caixa Galicia - - - - - Obra Social: Caixanova

 

 

Cooperativas de crédito

Cooperativas de Crédito: entidades financeiras en réxime de cooperativa cuxa función principal é facilitar recursos para determinadas actividades ou sectores económicos clave como o agrícola ou gandeiro. Adoitan estar orientadas a actividades desenvolvidas no rural.

 

 

Intermediarios Financieiros non bancarios

Se diferencian dos anteriores, ademais da actividade que desenvolven, en que non teñen capacidade de crear diñeiro, e son entre outros:

Entidades aseguradoras

Entidades Aseguradoras: captan recursos dos seus clientes para cubrir determinados tipos de risco. Os máis habituais son os seguros de automóbil (obrigatorio ou ampliado), do fogar, etc.

 

VIDEO: Os Seguros

 

Fondos de investimento

Fondos de Investimento: institucións que se encargan de captar recursos de diferentes aforradoes para formar un fondo patrimonial común e investilo en diferentes activos financeiros (renda fixa e variable) co obxectivo da súa revalorización e posterior reparto entre os partícipes do mesmo.

 

SABER MÁIS: Fondos de investimento

 

 

Mercado de valores

Vémolo no epígrafe 4 - A Bolsa de Valores

 

 

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina