SABER MÁIS

Exemplo de problemas de liquidez

 

Os bancos, ao aumentar a cantidade de diñeiro existente na economía aumentan a liquidez da mesma, hai máis diñeiro en circulación aínda que de forma ficticia (diñeiro ficticio).

Os préstamos concédense coa confianza en que van ser devoltos e as entidades financeiras piden préstamos para poder crear máis diñeiro, coa confianza de devolvelo cando os seus clientes lle devolvan os seus préstamos.

As entidades financeiras tamén comprometen o seu diñeiro (o que esperan recibir cando os seus clientes lle devolvan os préstamos) no investimento de determinados activos financeiros como os chamados futuros.

Supoñamos que unha entidade financeira, a finais do 2007, ao ver a escalada de prezos do barril de petróleo (ao redor de 100 $/barril), pensa que en xullo de 2008 pode estar en 130 $/barril, e comprométese cun produtor de petróleo a pagárselo en xullo de 2008 a 120 $/barril. Se chegan a un acordo dise que a entidade financeira investiu nun futuro.

Se chegado o momento de pagar ao produtor de petróleo, a entidade financeira non recuperou o diñeiro que lle debían os seus debedores (por exemplo debido a haber prestado moito diñeiro en forma de “hipotecas lixo”), non poderá pagar este diñeiro, provocando problemas de liquidez (non hai suficiente diñeiro na economía).

E, Por que pasa isto?, debido a unha ralentización, desaceleración, recesión ou crise económica; que provoca que a xente teña menos diñeiro debido a que a actividade económica decrece ou non medra segundo o esperado, non se crea tanto diñeiro e hai unha falta de liquidez no sistema.

Se hai poca liquidez no sistema, os Bancos Centrais intentarán remedialo aumentando a cantidade de diñeiro na economía, liberando reservas, creando diñeiro ou baixando os tipos de interese.

A solución parece bastante sinxela, que os Bancos Centrais se poñan a fabricar moita moeda para que exista máis diñeiro na economía e todos teñamos diñeiro, e desapareza o problema da falta de liquidez.

O problema de xerar demasiado diñeiro e que, se esta creación non esta baseada nun crecemento da economía, o único que supón é que os prezos soben, xerando outro tipo de problemas.

Imaginémonos que nunha economía, de repente empezan a chover de forma continuada billetes de 500 euros e todos os habitantes da mesma poden saír á rúa para recollelos. Esta moeda perdería todo valor como medio de intercambio e ata chegaría a non servir, intentando utilizar outras moedas diferentes, xa que nesta economía o valor do euro non sería o mesmo debido á abundancia da mesma.

Para que todo isto non pase, debe haber unhas institucións que controlen a cantidade de diñeiro na economía, o prezo do mesmo e o bo funcionamento do sistema financeiro. Na Unión Europea e en EEUU encárganse respectivamente desta tarefa (polo menos en teoría) o Banco Central Europeu e a Reserva Federal e tamén contribúen en gran medida a esta estabilidade, outros organismos tan importantes como o Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Mundial (BM).

 

SABER MÁIS: Artígos Hemeroteca:

O primeiro Hedge fund español pódese suscribir dende hoxe

Os últimos atrapados no "corralito".

 

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina