UNIDADE 8 - SISTEMA FINANCEIRO E POLÍTICA MONETARIA

 

 

8.2 - O PROCESO DE CREACIÓN DO DIÑEIRO

VIDEO: O diñeiro é débeda

Supoñamos un sistema financeiro composto por un só banco (Banco X) e un conxunto de clientes (familias ou empresas) que depositan a totalidade do seu diñeiro neste banco. Supoñamos tamén que o Banco Central desta economía crea diñeiro fiduciario por valor de 100 euros.

Cal sería a oferta monetaria? Ou dito doutro modo, a cantidade de diñeiro que existe nesta economía para realizar transacciones.

Oferta monetaria: 100 euros

O Banco Central unicamente creou 100 euros pero, como veremos, os intermediarios financeiros bancarios (no noso caso o Banco X) teñen a facultade de crear diñeiro.

 

Se inicialmente os 100 euros tenos unha persoa A, esta depositaraos no Banco X (constituíndo o depósito A). O Banco X disporá entón de 100 euros para prestarllos a outras familias ou empresas (Préstamo A), pero probablemente reservará unha parte deste diñeiro como garantía por se o cliente A o reclama en efectivo. Supoñemos que a cantidade que reserva, e polo tanto non presta, é do 10% do depósito. Entón o préstamo será de 90 euros (Préstamo A) a unha persoa B.

Oferta monetaria: 190 euros (100 + 90)
Creación de diñeiro por parte do Banco X: 90 euros

 

Esta persoa B deposita os 90 euros no Banco X (aínda que en realidade nin sequera o chegaría a ter nas súas mans e constituiríase o préstamo como unha anotación en conta). Entón o Banco X dispón de 90 euros máis para prestar. Como decidira manter como reserva un 10% (9 euros neste caso), unicamente poderá prestar 81 euros (Préstamo B) a unha persoa C.

Oferta monetaria: 271 (100 + 90 + 81)
Creación de diñeiro por parte do Banco X: 171 euros (90 + 81)

 

Esta persoa C volverá a depositar o diñeiro no Banco X, co que o proceso se repetiría da seguinte maneira:

 

 

CREACIÓN DE DIÑEIRO BANCARIO (Reservas do 10%)

Cliente

Depósito

Reservas

Préstamos

Diñeiro creado

A

1.000

100

900

900

B

900

90

810

1.710

C

810

81

729

2.439

D

729

73

656

3.095

E

656

66

590

3.686

F

590

59

531

4.217

G

531

53

478

4.695

H

478

48

430

5.126

I

430

43

387

5.513

J

387

39

349

5.862

………….

………..

………….

………….

…………

TOTAL

10.000

1.000

9.000

9.000

Ao final, o Banco X, terá a posibilidade de crear un total de 9.000 euros (o diñeiro prestado), e terá en reservas 1.000 euros (o reservado de cada un dos depósitos, 10%), e polo tanto, a oferta monetaria será de 10.000 euros, que será o diñeiro do que dispón a economía.

Por que os bancos reservan parte dos depósitos? Porque llo obriga o Banco Central para garantir a liquidez do sistema financeiro.

A partir de aquí, Como se podería aumentar a oferta monetaria? Poñendo máis diñeiro en circulación por parte do Banco Central (emitindo diñeiro ou liberando diñeiro que o Banco Central ten en reservas).

O Banco Central poderá fomentar a creación de diñeiro bancario na economía se rebaixa a porcentaxe obrigatoria de reservas (chamado coeficiente de caixa). Se os bancos teñen que reservar de cada un dos depósitos unha cantidade menor, terán máis posibilidades de prestar máis diñeiro e, polo tanto, de crealo.

Simplificando o modelo, xa que en realidade as persoas non depositan todo o diñeiro nos bancos senón que manteñen algo en efectivo, poderiamos dicir que a capacidade de crear diñeiro por parte dos bancos responde ao seguinte multiplicador “m”

m = 1/c, sendo “c” o coeficiente legal de caixa

Se o Banco Central sobe o tipo de interese oficial de diñeiro, estará limitando a creación de diñeiro xa que, se o diñeiro está máis caro (costa máis devolver os préstamos), a xente pedirá menos diñeiro e poderase crear menos diñeiro.

 

Os Intermediarios financeiros bancarios teñen a facultade de crear diñeiro a través do préstamo dos fondos depositados polos seus clientes. Esta capacidade está limitada polos Bancos Centrais mediante o coeficiente de caixa, que é a cantidade que os bancos deben destinar a reservas sobre os depósitos constituídos polos seus clientes.

 

Que pasaría se, no exemplo anterior, todos os clientes reclamasen os seus depósitos en efectivo?

Pois que non habería suficiente diñeiro nos bancos xa que a circulación de diñeiro (a liquidez da economía) é de 10.000 euros, pero en efectivo unicamente hai 1.000 euros. Isto é o que pasa cando os consumidores perden confianza no sistema financeiro ou na moeda na que teñen constituídos os seus depósitos, o que produce un colapso do sistema financeiro.

SABER MÁIS

Exemplo de problemas de liquidez

 

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina