UNIDADE 8 - SISTEMA FINANCEIRO E POLÍTICA MONETARIA |
8.4 - A BOLSA DE VALORES
Ademais de institucións financeiras (bancarias ou non bancarias) e instrumentos financeiros, para completar a análise do sistema financeiro debemos falar dos mercados financeiros.
Falamos de mercado financeiro no sentido dos lugares, físicos ou non (teñamos en conta que cada vez é máis difícil identifican un mercado cunha localización concreta), nos que se intercambian os activos financeiros.
Dentro dos activos financeiros, ademais dos produtos ofrecidos polos intermediarios financeiros bancarios, debemos diferenciar entre títulos de renda fixa ou de renda variable.
Renda Fixa
Renda fixa: son aqueles activos que teñen unha remuneración garantida. Os máis habituais son as letras (activos a curto prazo), bonos (activos a medio prazo) e as obrigacións (longo prazo).
O comprador destes títulos concede a empresas ou institucións que o emiten, a maior parte da renda fixa é emitida polo Estado (Débeda Pública), un préstamo por un determinado prazo, a cambio duns xuros periódicos e coñecidos.
Renda variable
Renda variable: aqueles activos que non teñen unha remuneración garantida. Os máis habituais son as accións.
Acción: é a parte alícota (mesma cota) do capital dunha empresa.
As empresas para poder financiarse e desenvolver a súa actividade necesitan dispoñer dun capital social, é dicir, unha serie de achegas que realizan os socios (propietarios) da empresa.
Os propietarios das empresas, invisten os seus recursos nas mesmas coa intención de obter un beneficio ou revalorizar o seu capital. É dicir, a remuneración ou rendas xeradas por este tipo de activos pode vir dos beneficios repartidos pola sociedade para cada unha das accións e/ou da revalorización das mesmas (valen máis).
EXEMPLO DE RENDA VARIABLE
Á vista dos beneficios que algunhas empresas obtiveron nos últimos anos, habería moita xente que querería ser propietarias das mesmas, isto se consegue a través do investimento en renda variable.
Beneficios 2006 (en millóns de euros):
Banco Santander: 6.220
Telefónica: 4.445
BBVA: 3.806
Endesa: 3.182
Repsol YPF: 3.120
Inditex: 628
VIDEO: El Intermedio: Los bancos
Para poder ser propietario dunha empresa (aínda que sexa nunha proporción moi pequena) debemos comprar unha acción. O problema é que as rendas que nos vai xerar esta acción non son fixas (como no caso das letras do Tesouro) senón que poden ser grandes ou pequenas, ou poden ser negativas (perder diñeiro).
As rendas que xeran estes investimentos proveñen de dúas fontes: dividendos (beneficios) distribuídos polas empresas aos seus accionistas e revalorización (aumento do valor da acción).
Por exemplo: Supoñamos que o día 1/10/2008 compramos unha acción da empresa Acción, S.A. por un importe de 100 euros.
O 30/9/2009 analizamos a súa rendibilidade supoñendo que distribúan un dividendo por acción de 2€ e considerando os seguintes posibles valores da acción: 68, 102 e 170€ respectivamente.
Valor a 30/9/09 |
Coste |
Dividendo |
Valor final |
Total |
Rendibilidade |
68 |
100 |
2 |
68 |
70 |
- 30% |
As rendas poden ser maiores ou menores, e ata negativas, por iso dise que son investimentos máis arriscados e os investidores compran este tipo de valores cando confían na marcha da economía e na empresa en particular.
Dentro dos mercados financeiros podemos diferenciar o mercado primario e o secundario:
Mercado primario: é aquel no que se emiten os activos financeiros, obrigciónss ou accións. Para autorizar a emisión de valores hai que comunicarllo á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), incluíndo un folleto de emisión, que contén as características da mesma.
SABER MÁIS: Comisión Nacional do Mercado de Valores(CNMV)
Como sabemos, ademais das empresas, o Estado pode emitir débeda pública a través das letras, bonos e obrigas do Tesouro para financiar o gasto público cando este é superior aos ingresos públicos.
Aínda que sexan empresas ou Estado os que piden diñeiro a través de estes instrumentos, van ser os intermediarios financeiros os que se encarguen de colocar estes títulos no mercado.
O mercado secundario é aquel no que se produce o intercambio de activos financeiros (de renda fixa ou variable) unha vez que foron emitidos e vendidos.
Este mercado ten unha gran importancia porque é o que achega liquidez a estes títulos. Unha persoa que inviste na compra dunha acción e obriga sabe que, en caso de necesitar o diñeiro, pode acudir ao mercado secundario para facer líquido este título ao venderllo a outra persoa.
A BOLSA DE VALORES
É o mercado oficial onde se realizan as operacións de compra-venda dos activos financeiros. Son verdadeiros mercados de revenda, suxeitos á lei da oferta e a demanda. É un dos mercados que se adoita poñer de exemplo como competencia perfecta.
En España hai catro Bolsas de Valores, a de Madrid, Barcelona, Bilbao e Valencia.
Tradicionalmente as operacións de compra e venda adoitábanse facer nun lugar físico (no respectivo edificio da Bolsa correspondente), pero hoxe en día realízanse moitas operacións de compra-venda con medios electrónicos, aínda que coa colaboración dun intermediario financeiro.
SABER MÁIS
Ibex 35
A Bolsa de Valores