UNIDADE 9 - COMERCIO INTERNACIONAL E GLOBALZIACIÓN

 

 

9.3 - GLOBALIZACIÓN: CAUSAS E CONSECUENCIAS

Se ben a maioría dos economistas defenden a liberalización do mercado internacional, para así conseguir un maior crecemento da economía internacional e do aumento do nivel de vida, hai outros que non están de acordo na maneira en que este proceso se está levando a cabo.

Estamos falando da globalización, defendida por grandes economistas como a única vía da erradicación da pobreza no mundo e de conseguir o avance da sociedade internacional. Por outra parte, hai os movementos antiglobalización, que non están de acordo en como se están a facer as cousas e defenden a idea de que “outro mundo é posible”.

VIDEO: La globalización

VIDEO: Globalización (videocreación)

 

O actual proceso de globalización vese favorecido por:

• Avances nos sistemas de transporte e comunicación, que fai moito máis viable o comercio internacional

• Redución das barreiras ao comercio internacional.

• Liberalización dos mercados de capitais.

• Predominancia do pensamento liberal ou neoliberal que confía na liberalización absoluta para un maior crecemento da economía.

• Apoio a este pensamento dos organismos internacionais máis importantes como o FMI, BM, OMC, etc.

 

 

A globalización podémola considerar desde diferentes ámbitos:

• Globalización comercial: soamente con mirar a noso arredor podemos darnos conta da cantidade de países nos que se produciron os bens dos que gozamos.

• Globalización produtiva: as multinacionais actualmente producen en todas as partes do mundo buscando minimizar os custos. Isto é posible, en gran medida, á redución dos custos do transporte internacional.

• Globalización cultural: as películas que se ven en EEUU se ven no resto do mundo, cada vez as persoas de diferentes partes do mundo visten da mesma maneira, xantan cousas similares, escoitan a mesma música, etc.

• Globalización tecnolóxica: a tecnoloxía utilizada en diferentes países cada vez é máis parecida, o que permite pola súa vez unha maior globalización produtiva.

• Globalización regulatoria: armonización progresiva da normativa técnica para que os produtos sexan similares nos diferentes países (o mesmo tipo de enchufe, a mesma potencia eléctrica, o mesmo grosor de parafusos, etc,) para así facilitar a globalización produtiva.

• Globalización financeira: liberalización dos movementos de capitais. Podemos investir en activos de calquera parte do mundo e en calquera momento grazas ás novas tecnoloxías.

 

EXERCICIO: Busca exemplos de cada un dos diferentes tipos de globalización

 

 

Aspectos positivos e negativos da globalización

WEBQUEST: Vantaxes e Inconvenientes da Globalización

Como diciamos, podemos encontrarnos con moitos defensores da globalización e con moitos detractores da mesma. Imos intentar facer unha relación de posibles vantaxes e desvantaxes do proceso de globalización:

 

TIPO GLOBALIZACIÓN

Aspectos Positivos

Aspectos Negativos

Comercial

Produtiva

Cultural

Tecnolóxica

Regulatoria

Financeira

 

Posteriormente, deberemos construír argumento a favor da globalización e en contra da mesma. Separarémonos en dous grupos para discutilos.

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina