GLOSARIO UNIDADE 9 –COMERCIO INTERNACIONAL E GLOBALIZACIÓN |
Librecambio: o librecambio propón un comercio sen trabas de ningún tipo. Os argumentos a favor desta liberdade de comercio internacional son os seguintes: economías de escala, especialización, teoría das vantaxes comparativas, a protección é ineficiente.
Proteccionismo: o proteccionismo implica pechar, restrinxir o comercio internacional, xeralmente para protexer a industria ou empregos do propio país perante ameazas externas.
Arancel: imposto que ser esixe aos produtos no momento de ser introducidos no país co obxecto de incrementar o seu prezo e sexa menos competitivo.
Arancel “ad valorem”: establécese unha porcentaxe sobre o valor en aduana.
Arancel específico: establécese un importe por unidade importada.
Continxentes: limitar o número de unidades máximas a importar dun determinado produto ou a determinados países.
Dumping: trátase de vender un ben noutro país a un prezo menor ao do seu custo, é dicir, asumindo perdas. O obxectivo é eliminar do mercado aos competidores e quedarse logo como o único oferente dese ben.
Bilateralismo: dous países establecen acordos para liberalizar o comercio entre eles.
Área de Libre Comercio: formada por varios países que deciden eliminar as barreiras ao comercio interno pero mantendo cada un os seus propios aranceis diferentes fronte a terceiros.
Unión Aduaneira: cando unha Área de Libre Comercio establece un arancel exterior común.
Mercado Común: supón a eliminación de barreiras á circulación dos factores produtivos, é dicir, dos traballadores e do capital.
Unión Económica: supón un grao máis (sobre o mercado común) na armonización das políticas fiscais e monetarias. Prodúcese aquí unha maior cesión de soberanía xa que, ao dotarse dun sistema monetario único, cada país sométese a unha disciplina monetaria para manter os tipos de troco dentro das marxes autorizados.
Integración Económica: implica a aparición dunha autoridade supranacional que adoptará as decisións de política fiscal e monetaria. Calquera decisión particular dirixida ao fomento dunha rama produtiva ou á corrección dun desequilibrio rexional deberá ser autorizada por dita autoridade.
Banco Mundial: é o Banco Internacional de Reconstrución e Fomento (BIRF), creado en 1946 para axudar á reconstrución dos países que sufriran as consecuencias das guerras e posteriormente dedicouse (e dedica) a prestar fondos aos países menos desenvolvidos a uns tipos de interese de mercado pero que adoitan ser bastante máis baixos cós que existen nos países volvidos.
Fondo Monetario Internacional (FMI): xorde co obxectivo de fomenta o crecemento do comercio internacional e a estabilidade dos mercados de divisas. Para eles realiza actividades de supervisión, axuda financeira e asistencia técnica.
Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE): (Organization for Economic Cooperation and Development OECD) creada en 1961, é un club de países ricos dedicado principalmente ao estudo dos problemas económicos e á coordinación das súas políticas.
Organización Mundial de Comercio (OMC): pretende o desenvolvemento do comercio internacional a través da desaparición dos aranceis que impídeno.
Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD): é un organismo pertencente a Nacións Unidas que pretende:
- Fortalecer a cooperación internacional para un desenvolvemento humano sostíbel.
- Axudar ás nacións Unidas a converterse nunha forza efectiva para conseguir o desenvolvemento humano sostíbel.
- Erradicación da pobreza, rexeneración do medio ambiente, a creación de novos empregos e a promoción da muller.
- Elabora, desde 1990 o IDH (Índice de Desenvolvemento Humano)
Globalización:
GLOSARIO UNIDADE 10 – MERCADO DE DIVISAS E BALANZA DE PAGAMENTOS |
Balanza de Pagamentos: é un documento contable que recolle as transaccións realizadas entre os residentes nun país e o resto do mundo durante un período de tempo determinado.
Balanza Comercial: rexistraremos as exportacións (Ingresos, xa que supoñerá un ingreso da nosa moeda ou en divisas), e as importacións (Pagamentos, xa que supoñerá un pagamento na nosa moeda ou saídas de divisas) de bens.
Balanza de Servizos: incluímos as exportacións (Ingresos) e as exportacións (Pagamentos) de servizos como transporte, seguros, turismo, viaxes, servizos bancarios, etc.
Balanza de Rendas: incluímos as rendas procedentes (Ingresos) ou enviadas (Pagamentos), como consecuencia da remuneración de factores de produción (terra, traballo ou capital). Alugueiros de terra, remuneración de traballadores temporais ou xuros e dividendos do capital.
Balanza de Transferencias: incluímos os movementos unilaterais de fondos, os recibidos (Ingresos) ou enviados (Pagamentos), privados ou públicos.
Balanza Corrente: formada pola agregación de catro balanzas básicas: a de bens, servizos, rendas e transferencias.
Balanza de Capital: inclúe as vendas (Ingresos) ou compras (Pagamentos) de activos, así como as transferencias da UE destinadas a investimentos en capital (Ingresos).
Balanza Financeira: reflicte a forma en que se financian as relacións dun país co resto do mundo. Se hai superávit nas anteriores balanzas, utilizarán o diñeiro sobrante para pagar débeda ou para rentabilizarlo no exterior concedendo préstamos. Se hai déficit ao revés.
Divisa: chamamos divisa a calquera moeda que non sexa a do país. Por exemplo, para nós, sería divisa calquera moeda diferente ao euro, é dicir, o dólar, a libra esterlina, o yen, etc. Para Xapón, as divisas son todas as moedas diferentes ao yen.
As divisas poden ser ou non convertibles, en función de que sexan ou non aceptadas nas transaccións internacionais.
Tipo de Cambio: é o prezo dunha moeda en termos doutra.
Sistema Monetario Europeo (SME): En 1979 establécese o Sistema Monetario Europeu, cunha moeda de referencia, o ecu, coa que se valoraban as relacións económicas entre os estados e institucións comunitarias.