| POLIEDROS DE PLATÓN E DE PACIOLI
|
|
|
|
Estas actividades forman parte dun traballo que obtivo o segundo premio á Innovación Educativa 2007 convocado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria |
| Poliedros de Platón | |||
| Poliedros de Pacioli | |||
| Exercicios | |||
|
Nesta foto que podes ver a seguir aparecemos as alumnas e alumnos que, durante o curso 2006-2007, formamos o Club Matemático Durán Loriga do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña. Os membros do club, ó longo deste ano, desenvolvemos varias actividades relacionadas coas matemáticas. A maioría dos que aparecemos na foto, participamos na que se denominou Poliedros de Platón e de Pacioli. Este taller de poliedros tivo, entre outros, o obxectivo de preparar a nosa participación no XII Día da Ciencia na Rúa (Parque de Santa Margarida da Coruña, 5 de maio de 2007), na I Feira Matemática (Palacio da Opera da Coruña, 12 de maio de 2007) e a VIII Semana Matemática do IES Ramón Otero Pedrayo (IES Ramón Otero Pedrayo, do 28 de maio ó 1 de xuño de 2007). |
|||
![]() |
|||
|
A actividade desenvolveuse na Aula Obradoiro de Matemáticas do centro. á que nós acudimos voluntariamente en tres “recreos” de cada semana durante os meses de xaneiro a maio de 2007. A nosa pretensión foi construír, en cartolina, os cinco poliedros regulares seguindo as interpretacións de Platón e as variacións que sobre eles fai Fra Luca Pacioli no seu libro Divina Proporción no que os gráficos son da autoría de Leonardo da Vinci, amigo persoal do autor. O proceso de construcción tivo as seguintes fases: - Toma de contacto e aproximacións teóricas ó tema. - Construcción dos desenvolvementos dos poliedros. - Fotocopiado dos modelos en cartolina seguindo un código de colores: encarnada para o tetraedro (o lume), marrón para o cubo (a Terra), azul clara para o octaedro (o aire), verde para o icosaedro (a auga), azul escura para o dodecaedro (o Universo). - Plastificado dos modelos con forro adhesivo. - Recortado dos modelos. - Montaxe dos modelos. - Estudo teórico final. Premendo nos enlaces seguintes, podes ver unhas poucas fotos relacionadas co noso traballo.
|
|||
| Día da ciencia na rúa | Día da feira matemática | Semana matemática | |
| Poliedros de Platón | |||
| Poliedros de Pacioli | |||
| Exercicios | |||
|
|
|||