| POLIEDROS DE PACIOLI
|
|
|
|
O 14 de decembro de 1498, Fra Luca Pacioli da Borgo Sansepolcro, remata a súa obra DE DIVINA PROPORTIONE. O manuscrito da obra acompáñase de 60 debuxos de Leonardo da Vinci.
Tomando como referencia unha edición desta obra realizada pola Editorial Akal (La Divina proporción. Luca Pacioli. Ediciones Akal, S. A., 1991), da que reproducimos a portada no gráfico da dereita, intentamos facer un estudo dos capítulos do XLVIII ó LII.
Nestes capítulos abórdanse cuestións relacionadas cos cinco poliedros regulares. Ademais de tomar contacto coas ensinanzas de Luca Pacioli, fixemos unha recreación en cartolina dos debuxos de Leonardo da Vinci, construíndo previamente os respectivos desenvolvementos planos. |
![]() |
||||
![]() |
![]() |
||||
| Tetraedro | Cubo | Octaedro | Icosaedro | Dodecaedro | |