| TETRAEDRO
|
|
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Gráficos tomados do libro La Divina Proporción. Editorial Akal. | |||
| Da forma e da disposición do tetraedro plano, sólido ou oco. | |
![]() |
![]() |
| Ir a modelo para montar | Ir a modelo para montar |
|
O tetraedro plano, sólido ou oco está formado por seis liñas iguais que conteñen doce ángulos superficiais e catro sólidos e forman entre si catro bases triangulares equiláteras e equiángulas. Deste corpo non pode de ningunha forma darse o elevado absciso, por falta de hexágonos que formen ángulos sólidos. |
|
| Da forma e da disposición do tetraedro absciso plano, sólido ou oco. | |
![]() |
![]() |
| Ir a modelo para montar | Ir a modelo para montar |
| O tetraedro despuntado ou absciso sólido plano ou oco está contido por dezaoito liñas que forman trinta e seis ángulos superficiais e doce sólidos; polo tanto, circúndano oito bases, catro das cales son hexagonais, é dicir, de seis lados iguais, e catro triangulares, é dicir, de tres lados, igualmente equiláteras e equiángulas. Pero, destas dezaoito liñas, doce son comúns ás bases triangulares e hexagonais; e estas son todas propias dos hexágonos, porque necesariamente os catro hexágonos xuntos forman con algúns dos seus lados os catro triángulos, como a experiencia da súa propia forma material nos amosa, de maneira evidente. E deriva do precedente mediante o corte uniforme dos seus lados en tres partes iguais.
|
|
| Da forma e da disposición do tetraedro elevado, sólido ou oco. | |
![]() |
![]() |
| Ir a modelo para montar | Ir a modelo para montar |
| O tetraedro elevado ou con puntas sólido ou oco ten igualmente dezaoito liñas, seis das cales son comúns, e tamén trinta e seis ángulos superficiais e oito sólidos, catro dos cales son o cumio das pirámides superficiais e catro son comúns ás cinco pirámides, é dicir, á interior, que o ollo non pode ver e só se capta mediante o intelecto, e ás outras catro exteriores; destas cinco pirámides componse o mencionado corpo cando son entre si triangulares equiláteras e equiángulas, coma a súa propia forma material nos demostra. As superficies que o revisten, impropiamente chamadas bases, son en total doce, e todas triangulares.
|
|
| Ir á interpretación de Platón | Ir a cubo |
![]() |
![]() |
||
| Gráficos tomados do libro La Divina Proporción. Editorial Akal. | |||