| CUBO
|
|
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Gráficos tomados do libro La Divina Proporción. Editorial Akal. | |||
| Da forma e da disposición do hexaedro plano sólido ou oco. | |
![]() |
![]() |
| Ir a modelo para montar | Ir a modelo para montar |
| O hexaedro ou cubo plano sólido ou oco ten doce liñas, lados ou costados, vintecatro ángulos superficiais, oito ángulos sólidos e seis bases ou superficies que o conteñen, todas cadradas, equiláteras e tamén equiángulas, semellantes á fora do diabólico instrumento chamado dado ou taxillo. |
|
| Da forma e da disposición do hexaedro absciso sólido ou oco. | |
![]() |
![]() |
| Ir a modelo para montar | Ir a modelo para montar |
| O hexaedro despuntado ou absciso plano, igualmente sólido ou oco, ten vintecatro liñas que orixinan nel corenta e oito ángulos superficiais, vintecatro dos cales son rectos e os demais agudos; ten doce ángulos sólidos e está contido por catorce superficies ou bases, seis das cales son cadradas e oito triangulares. Todas as mencionadas liñas son comúns ás bases cadradas e ás triangulares, porque as seis cadradas unidas entre si angularmente dan lugar, de forma necesaria, a oito triángulos, como facían os hexágonos do tetraedro absciso. E este corpo orixínase do cubo mediante o corte uniforme na metade dos seus lados, como amosa de maneira evidente a súa propia forma material. |
|
| Da forma e da disposición do hexaedro plano elevado sólido ou oco. | |
![]() |
![]() |
| Ir a modelo para montar | Ir a modelo para montar |
| O hexaedro elevado sólido ou oco está constituído necesariamente por trinta e seis liñas que, aplicadas entre si, forman setenta e dous ángulos superficiais e seis sólidos piramidais, contido cada un deles por catro ángulos superficiais. Está revestido por vintecatro superficies triangulares que non poden chamarse propiamente bases. Das liñas mencionadas, doce son comúns a todos os triángulos superficiais que o conteñen e circundan. E está composto o devandito corpo por seis pirámides laterais cuadriláteras exteriores, que se ofrecen á nosa vista segundo a situación do corpo. En canto ao cubo interior sobre o que se apoian ditas pirámides, e que só pode ser imaxinado polo intelecto pois ocultase á nosa vista pola superposición de ditas pirámides, as súas seis superficies cadradas son bases das mencionadas seis pirámides, que son todas da mesma altura, e ocúltanse á vista e circundan devandito cubo. |
|
| Da forma e da disposición do hexaedro absciso elevado sólido ou oco. | |
![]() |
![]() |
| Ir a modelo para montar | Ir a modelo para montar |
| O hexaedro absciso elevado, sólido ou oco ten setenta e dúas liñas, lados ou costados, que forman cento corenta e catro ángulos superficiais e catorce sólidos, todos eles piramidais. Destes, seis son de pirámides cuadrilateradas e oito de pirámides trilateradas. Das liñas mencionadas, vintecatro son comúns ás pirámides triangulares e cuadrangulares. Este corpo ten corenta e oito caras ou superficies que o circundan, todas elas triangulares, e componse do hexaedro cortado sólido interior, só perceptible polo intelecto, e de catorce pirámides, como se dixo. Colocado sobre un plano, sempre se apoia sobre tres conos ou puntas piramidais, como demostra a súa forma. |
|
| Ir a tetraedro | Ir á interpretación de Platón | Ir a octaedro |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
| Gráficos tomados do libro La Divina Proporción. Editorial Akal. | |||