Configurar as interfaces de rede en Linux

De Wiki do Pazo da Mercé

Configurar a interfaz de rede coa ferramenta da distribución

Para configurar unha interface de rede nun sistema Linux debemos seguir os seguintes pasos:

  • Instalar o controlador da tarxeta: O núcleo de Linux debe recoñecer tarxeta de rede física instalada no sistema. Os controladores de dispositivos en Linux se recoñecen con módulos software que se engaden no núcleo. Normalmente, Linux recoñecerá automaticamente a tarxeta de rede; senón, deberiamos configurala coa ferramenta de administración da distribución.
  • Asignarlle á interface de rede unha dirección IP.
  • Asignarlle á interface unha máscara de rede.
  • Se queremos acceder a equipos que están fora da nosa rede local, teremos que establecer unha porta de enlace por defecto.

O máis sinxelo será configurar a interfaz de rede coa ferramenta que nos ofrece a propia distribución:

Vídeo de configuración de interfaz de rede en Ubuntu e en Mandriva

Unha vez configurada a interfaz de rede, poderemos comprobar a conexión do equipo utilizando un comando de testeo como ping.

Configurar a interfaz de rede co webmin

Tamén podemos instalar o servizo webmin que ofrece un interfaz web para administrar sistemas Unix e Linux:

Vídeo de instalación do webmin en Ubuntu e Mandriva

Vídeo de configuración da interfaz de rede con webmin

Tamén podemos configurar varias direccións IP para unha mesma interfaz de rede:

Vídeo de configuración de varias IPs sobre a mesma interfaz en webmin

Ficheiros de configuración das interfaces de rede

Para establecer os servidores de DNS, teremos que escribir as súas direccións no ficheiro /etc/resolv.conf (podemos poñer os que queiramos): nameserver 10.3.100.0 Tamén neste mesmo ficheiro almacénanse os dominios de busca por defecto do equipo: search proba00.ga edu.xunta.es O ficheiro /etc/nsswitch.conf establece que mecanismos ten que utilizar o sistema cando quere consultar nomes de diversa natureza (equipos, usuarios, grupos, contrasinais) e en que orde os usa. Así: passwd: files nisplus shadow: files nisplus group: files nisplus hosts: files nisplus nis dns


A lista de hosts local se almacena no ficheiro /etc/hosts: 127.0.0.1 equipo localhost 69.50.12.40 x xunta equipo.ola.veran A diferencia de Windows, o cliente de DNS de Linux non almacena os resultados obtidos do DNS en caché

Ferramentas persoais
Crear un libro