Configurar as interfaces de rede en Linux
De Wiki do Pazo da Mercé
Configurar a interfaz de rede coa ferramenta da distribución
Para configurar unha interface de rede nun sistema Linux debemos seguir os seguintes pasos:
- Instalar o controlador da tarxeta: O núcleo de Linux debe recoñecer tarxeta de rede física instalada no sistema. Os controladores de dispositivos en Linux se recoñecen con módulos software que se engaden no núcleo. Normalmente, Linux recoñecerá automaticamente a tarxeta de rede; senón, deberiamos configurala coa ferramenta de administración da distribución.
- Asignarlle á interface de rede unha dirección IP.
- Asignarlle á interface unha máscara de rede.
- Se queremos acceder a equipos que están fora da nosa rede local, teremos que establecer unha porta de enlace por defecto.
O máis sinxelo será configurar a interfaz de rede coa ferramenta que nos ofrece a propia distribución:
Vídeo de configuración de interfaz de rede en Ubuntu e en Mandriva
Unha vez configurada a interfaz de rede, poderemos comprobar a conexión do equipo utilizando un comando de testeo como ping.
Configurar a interfaz de rede co webmin
Tamén podemos instalar o servizo webmin que ofrece un interfaz web para administrar sistemas Unix e Linux:
Vídeo de instalación do webmin en Ubuntu e Mandriva
Vídeo de configuración da interfaz de rede con webmin
Tamén podemos configurar varias direccións IP para unha mesma interfaz de rede:
Vídeo de configuración de varias IPs sobre a mesma interfaz en webmin
Configurar a interfaz de rede con comandos e ficheiros de configuración
Para asignar a dirección IP e a máscara de rede a unha interfaz de rede podemos usar o comando ifconfig:
ifconfig ethX 172.16.0.25 netmask 255.255.0.0 up
Con isto pola interface ethX de rede debemos de ter acceso á rede local. Sen embargo, non poderemos acceder aínda a equipos fóra desta rede. Para iso debemos, en primeiro lugar, establecer cal é a dirección da porta de enlace que nos une co exterior. Utilizaremos o comando route:
route add default gw 172.16.0.1 ethX
Poñer ficheiros de configuración das distribucións
Para establecer os servidores de DNS, teremos que escribir as súas direccións no ficheiro /etc/resolv.conf (podemos poñer os que queiramos):
nameserver 10.3.100.0
O ficheiro /etc/nsswitch.conf é o que establece que mecanismos ten que utilizar o sistema cando quere consultar nomes de diversa natureza (equipos, usuarios, grupos, contrasinais) e en que orde os usa. A fila de hosts é a que indica se o equipo debe usar ou non o DNS para buscar o nome dun equipo:
passwd: files nisplus shadow: files nisplus group: files nisplus hosts: files nisplus nis dns
A lista de hosts local se almacena no ficheiro /etc/hosts:
127.0.0.1 equipo localhost 69.50.12.40 x xunta equipo.ola.veran
A diferencia de Windows, o cliente de DNS de Linux non almacena os resultados obtidos do DNS en caché
