Biblioteca > O almacén
Nesta sección aparecerán todas aquelas novas ou acontecementos que nalgún momento pasaron pola nosa web e que non queremos que caian no esquecemento. Premios, actividades, persoeiros salientables... todo ten cabida neste humilde almacén.
Premio Cervantes 2006 |
|
O 23 de abril, Día Internacional do Libro, Antonio Gamoneda recibirá o Premio Cervantes 2006 en recoñecemento á totalidade da súa obra. Este poeta asturiano considera que “ la poesía no es exactamente literatura de ficción, sino que es una emanación de naturaleza existencial y expresa el sufrimiento y el gozo”. Poeta e crítico de arte español, nunca participou en agrupacións xeneracionais e a súa obra caracterízase por un extremado rigor e calidade. Nado en Oviedo, desde moi niño reside en León, cidade onde desenvolveu un amplo labor cultural. O seu primeiro libro de poemas foi Sublevación inmóvil (1966) e con el trata de fuxir a calquera restrición realista. Seguiron Descripción de la mentira (1977), León en la mirada (1979) y Blues castellano (1982), que inclúe poemas redactados case vinte anos antes. Lápidas (1987) supuxo un gran recoñecemento por parte da crítica, e con Edad (1987), unha recopilación da súa poesía ata o momento con algúns inéditos, obtivo o Premio Nacional de Poesía. Libro del frío (1992) volveu a confirmalo como un dos poetas máis importantes do século. No ano 2000 publicou a antoloxía Sólo luz e no 2003 saiu á luz unha reedición do Libro del frío , coa incorporación de vinte poemas novos. Tamén publicou estudos monográficos de escultores, como José Luis Sánchez (1981) e Julio Hernández (1981), e dos pintores Francisco Echanz (1978) e Juan Barjola (1980). Aquí tes unha mostra da súa escrita:
|
| Un libro xuvenil galego entre os mellores do mundo | ||
|
O Banco del Libro de Venezuela -institución sen ánimo de lucro con prestixio internacional dedicada á elaboración de plans de fomento de lectura, estudos sobre prácticas lectoras e control de calidade do material elaborado para nenos e mozos en todo o mundo- acaba de facer pública a selección correspondente a 2006 na que, segundo o criterio dos seus lectores e asesores (entre os que se atopan editores, escritores, docentes e investigadores de distintas nacionalidade), se salienta a calidade de dez obra destinadas ao público xuvenil como as mellores do mundo. Nesta selección, a Editorial Galaxia cábelle o orgullo de anunciar que un libro publicado dentro da colección Costa Oeste foi seleccionado entre esa decena de mellores publicacións para mozos. Trátase da novela O armiño dorme , de Xosé A. Neira Cruz, anteriormente galardoada co Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña. |
![]() |
|
| MÚSICA EN GALEGO | |
Xa tes á túa disposición na Biblioteca as novas adquisicións de discos de artistas que escriben en galego. Os últimos Cd´s de bandas de Rock actual como A Banda de Poi, Zenzär ou Rever; os xa "mundialmente" coñecidos Heredeiros da Crus ou novas bandas de Hip-Hop coma Dios Ke te Crew están esperando a que os escoites. |
![]() |
| Paul Auster está na nosa biblioteca!! | |
|
En forma de libro, claro está. E non todos os seus libros, pero si algúns dos máis representativos do recén galardoado Premio Príncipe de Asturias:
Brooklyn Follies é o seu último libro. Nel, Paul Auster segue a desenvolver as súas obsesións sobre o azar e a busca da felicidade, no mesmo escenario da súa anterior obra narrativa: a cidade de Nova Iorque. A novela, que en Galicia superou en vendas á versión en castelán, marca unha nova tendencia no mundo editorial galego, a publicación das novidades da narrativa ao mesmo tempo que no resto de Europa. |
| I Concurso "Vístomengalego" | |
Xa temos gañador do I Concurso de deseño de camisetas. David Bibián e Adrián Penido de 2º BH conseguiron o consenso entre o xurado popular e o xurado técnico para que unha das súas creacións fose a escollida. |
![]() |





