Biblioteca > O CDU


A organización da biblioteca

Os libros están organizados por materias seguindo a Clasificación Decimal Universal (C.D.U.). Dentro de cada andel os libros colócanse por orde alfabética. Os libros levan no seu lombo unha etiqueta ou tellolo que che axudará a localizar o libro na biblioteca.

As 9 seccións en que se organiza a biblioteca correspóndense con cadanseu díxito de materia. Ese é o primeiro dos díxitos que compoñen a CDU e que atopas na etiqueta do lombo do libro. Esta consta de tres liñas, a primeira numérica e as outras dúas alfabéticas.


A súa correspondencia é esta:

a) CDU (860-3)

b) Tres primeiras letras do apelido do autor (RUI)

c) Tres primeiras letras do título (som)

 

Este exemplo pertence ao libro de RUIZ ZAFÓN, La sombra del viento
novela escrita en lingua española.


GUÍA DE CDUs

0 OBRAS XERAIS

001
Ciencia e coñecementos en xeral
008

Civilización, progreso e cultura en xeral

030
Enciclopedias
082-9
Banda Deseñada
087.5
Publicacións infantís en xeral

1 FILOSOFÍA. PSICOLOXÍA

14
Sistemas Filosóficos
159.9

Psicoloxía

16
Lóxica
17
Ética
18
Estética
19
Historia da Filosofía

2 RELIXIÓN

22
A Biblia
29

Outras relixións

 
292
Mitoloxía
 
296
Xudaísmo

3 CIENCIAS SOCIAIS

31
Socioloxía
32
Política
33
Economía
34
Dereito
38
Turismo
39
Antropoloxía

5 CIENCIAS PURAS. CIENCIAS EXACTAS E NATURAIS. MATEMÁTICAS

50
Medio Ambiente
 
502
Estudo, conservación e protección da natureza
 
504
Ciencias do medio ambiente
51
Matemáticas
52
Astronomía
53
Física
54
Química
55
Ciencias da Terra. Xeoloxía. Metereoloxía
56
Paleontoloxía. Fósiles
57
Ciencias biolóxicas en xeral
58
Botánica
59
Zooloxía

6 CIENCIAS APLICADAS. MEDICINA. TÉCNICA

61
Medicina. Saúde
62
Tecnoloxía
63
Agricultura. Gandería. Caza e pesca
64
Gastronomía. Hostelería. Vivenda
65
Organización e xestión de empresas. Marketing
68
Informática

7 ARTE, MÚSICA, XOGOS, DEPORTES, ESPECTÁCULOS

7.01
Arte
72
Arquitectura
73
Escultura
75
Pintura
77
Fotografía
78
Música
79
Diversións. Espectáculos. Xogos. Deportes
791.4
Cine
 
792
Teatro
794.2
Xogos de Ordenador
 
796
Deportes

8 LINGÜÍSTICA. LITERATURA. FILOLOXÍA

80
Lingüística. Filoloxía
801.311
Toponimia
806.99
Lingua Galega
806.9.09
Crítica Literaria Galega
81
Lingüística e Linguas
82
Literatura. Historia da Literatura
820

Literatura inglesa. Historia e crítica. Obras

830
Literatura alemá. Historia e crítica. Obras
840
Literatura francesa. Historia e crítica. Obras
849.9
Literatura catalá. Historia e crítica. Obras
850
Literatura italiana. Historia e crítica. Obras
860
Literatura española. Historia e crítica. Obras
869.0
Literatura portuguesa. Historia e crítica. Obras
869.9
Literatura galega. Historia e crítica
87
Literatura grega e latina
88
Literaturas eslavas
89
Outras literaturas
891.69
Literatura vasca (en euskera) Historia e crítica
   
Calquera destes CDUs pode levar engadido:
-1
Poesía
-2
Teatro
-3
Novela ou conto

9 XEOGRAFÍA. BIOGRAFÍAS. HISTORIA

90
Lingüística. Filoloxía
91
Xeografía
912
Atlas
914.60
Xeografía de España
 
914.61
Xeografía de Galiza
929
Biografías
93
Ciencias Históricas
930.9
Historia Universal
94

Historia da Idade Media, Moderna e Contemporánea

 
940
Historia de Europa
 
946.0
Historia de España
 
946.01
Historia de Galiza


Se queres ter a man toda esta información sobre os CDUs, dispoñemos dunha presentación powerpoint para ti Presentación.pps