Biblioteca > Normas

Normas Xerais

  • A biblioteca é un lugar de lectura, estudo, consulta e procura de información, polo que é necesario un ambiente de silencio. Os usuarios deberán comportarse en todo momento de acordo coas normas de convivencia e respecto cara todos os membros da comunidade educativa.
  • Manter en orde a biblioteca é unha cousa de tod@s, así que cando marches procura deixar as revistas no seu lugar, recolle os papeis da mesa...
  • Non se pode comer nin beber na biblioteca.
  • Para a utilización dos ordenadores nos recreos cumprirá apuntarse nunha lista situada a carón dos mesmos coa fin de evitar o uso indiscriminado dos mesmos usuarios continuamente.

Servizos da Biblioteca


1.- Lectura e consulta en sala

  • Mentres esteas na biblioteca podes consultar os libros, revistas, etc. que queiras pero cando remates tes que deixalos no seu lugar: as revistas no revisteiro, os xornais encima do moble das novidades, e os libros enriba da mesa do profesor.
  • Só poderá haber dúas persoas por cada ordenador, unha sentada e outra de pé, xusto detrás, sen entorpecer a saída e entrada da biblioteca. E por suposto, sen facer ruído.
  • Os ordenadores podes empregalos para facer os teus traballos, buscar información en internet, consultar Encarta, ver o teu correo, gardar os teus traballos en diskette... pero non podes usalos para chatear nin para xogar.
  • A medida que vaian chegando novos materiais á biblioteca irémoste informando.


2.- Servizo de préstamo

O material da biblioteca clasifícase en tres grupos:

  • Material de consulta e lectura na sala.
  • Material de préstamo.
  • Ordenadores

O primeiro (dicionarios, enciclopedias, atlas, grandes manuais de historia e arte) pódese consultar na sala pero non pode ser levado en préstamo. Para levar este material da biblioteca a outros lugares do instituto solicítao sempre ao profesor ao cargo da mesma nese momento. O segundo pode ser levado en préstamo á casa. Os ordenadores non se deben usar para xogar ou chatear, constitúen un material máis de consulta.

  • Podes levar en préstamo libros, DVDs, Vídeos, CDs e revistas (agás o último número)
  • Para poder levalos é necesario darllos ao profesor ou profesora de garda para que rexistre o préstamo. Cando os devolvas tamén llos debes dar ao profesor ou profesora que nese intre se ocupe da biblioteca. Poderán facer uso do servicio de préstamo todos os membros da comunidade educativa.
  • Se non tes dados os teus datos, deberás dalos primeiro.
  • O prazo do préstamo é de quince días, renovables por outros quince, sempre que non haxa interesados en lista de espera para os libros de lectura obrigatoria; para os outros o prazo é dun mes. Se a finalización do prazo coincide con día non lectivo, estenderase o prazo ata o primeiro día lectivo. Se non se respecta o prazo, o prestatario perderá o dereito a sacar un novo libro da biblioteca nun prazo dun mes. Este prazo poderase ampliar para casos especiais, debidamente xustificados e rexistrados.
  • Se un libro non se devolve despois de trinta días de cumprirse o seu tempo de entrega (e se non se alega unha razón satisfactoria), o prestatario deberá repoñer o mesmo libro ou pagar o seu importe estimado. Se así non o fixera, perderá indefinidamente o dereito de préstamo na biblioteca ata que non satisfaga esta requisitoria, con independencia de calquera outra medida adicional que poida arbitrar a dirección do centro. Seguirase o mesmo proceso para o caso de libros devoltos en absoluto estado de deterioro.
  • Cada prestatario poderá sacar da biblioteca un máximo de catro materiais simultaneamente. De todos os xeitos, pensa nos demais e non leves máis dos que vaias poder usar.
  • Existe un libro de suxestións á disposición do alumnado. Podes propor a compra de libros, revistas, CD-Rom... que che parezan interesantes. Tamén podes propoñer actividades, cambios no funcionamento...

 


ESTAS NORMAS AFECTAN A TODOS OS USUARIOS DA BIBLIOTECA, INDEPENDENTEMENTE DE CAL SEXA A SÚA CONDICIÓN

Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos