Biblioteca > Muller e Feminismo > O feminismo en Asterix

Na maioría dos cómics de “Astérix e Obélix” a figura feminina non aparece e cando o fai, faino soamente en viñetas que se refiren a tarefas domésticas. As mulleres desenvólvense sempre en situacións fáciles: nunca batalla nin está en situación de perigo.
Coidar dos fillos, limpar a casa, preparar a comida e mirar polo benestar dos seus maridos, son os seus principias cometidos.

Estes cómics son en parte machistas; os protagonistas masculinos preocúpanse única e exclusivamente da defensa do seu poboado e do benestar dos seus estómagos. Velos limpar, cociñar ou mirar polos nenos é algo que dificilmente se pode atopar en algunha viñeta. Ben é certo, e hai que destacalo, en ningún momento as maltratan ou as discriminan.

Sen embargo, a pesar da figura aparentemente submisa destas mulleres, teñen carácter, teñen xenio, e se deben revelarse contra os seus maridos, fano. Isto ocorre nun dos tres únicos volumes nos que unha muller é protagonista; o cómic número 29: ”Astérix: a rosa e a espada”: coa chegada dunha revolucionaria muller ao poboado, todas as demais revélanse e néganse a seguir facendo as labores da casa e incluso pretenden ir á guerra.


Outra das figuras femininas protagonistas é Cleopatra no cómic número 6: ”Astérix e Cleopatra”, acode á axuda dos galos para poder rematar a obra das súas pirámides nun tempo récord. Polo demais todas as aparicións de personaxes femininos están relacionadas con planos secundarios. Papeis pouco significativos para o desenvolvemento das historias.

Estes cómics están dirixidos ao público principalmente infantil, que non se dá conta destes detalles. Aínda que tamén existen seguidores non tan pequenos que tampouco reflexionan sobre estes detalles.

Raquel Rey Cabaleiro 4ºC
Antoaneta Velikova Yakova 4ºC



Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos