Biblioteca > Polos Dereitos da Infancia > Compra de órganos
Para millóns de nenos, a desgraza vai máis alá da submisión a condicións de traballo traumatizantes e degradantes, tópanse reducidos a un estado puro e simple de escravitude. O neno-escravo é unha simple máquina de traballar, que se explota ata a morte, da que un pode desembarazarse facilmente. Nestas condicións viven hoxe en día decenas de millóns de nenos en todo o mundo. Pero dentro da compra-venda de nenos hai catro grandes sectores: os nenos comprados ou raptados para vendelos logo como traballadores; os destinados á explotación sexual, prostitución ou pornografía; os destinados a adopcións ilegais; e por último os destinados a diversas actividades como a mendicidade, o crime, o exército ou o tráfico de órganos.
![]() |
|---|
A opinión pública cre que non existe realmente o tráfico de órganos extraídos de nenos, pero desgrazadamente, existe. O tráfico de órganos esixe redes moi estruturadas. Crese que este tráfico está organizado dun estremo a outro polos medios do crime organizado, e hai cada vez máis probas que demostran a existencia dun mercado de órganos infantís.
Segundo os expertos, os abusos están estreitamente relacionados coa escaseza de órganos para transplantes. Ese tráfico de órganos existía dende comezos dos anos noventa, pero non deixou de medrar dende entón, e seguirá medrando. A demanda provén en gran medida dos países do centro, e os provedores potenciais de órganos dos países periféricos vense incitados a responder a esa demanda debido a atractivas remuneracións. Entre 1994 e 1997 moitos países tomaron medidas e promulgado leis tendentes a regular o transplante e a prohibir a utilización de órganos de nenos. Pero esas medidas lexislativas carecerán da debida eficacia na loita contra as organizacións criminais que traballan na sombra mentres non se distinga nelas claramente a venda de órganos adultos e a de órganos infantís. Sempre hai que ter en conta que xa se comercia con órganos de adultos, e que sobre os nenos pesa constantemente a mesma ameaza.

