Biblioteca > Polos Dereitos da Infancia > O Dereito a ter un nome
Aínda que o dereito a ter un nome e unha nacionalidade sexa un dos dereitos humanos máis básicos, millóns de nenos permanecen gran parte da súa vida desprovistos desa identidade e protección xurídica. Os nenos non declarados non existen oficialmente, o que os expón a riscos particulares: adopción ilegal, tráfico, explotación do seu traballo, prostitución e criminalidade.
![]() |
|---|
Algúns países esfórzanse por remediar esa situación. Segundo a UNICEF, no Ecuador, onde se estima que o 10% dos nenos menores de 12 anos non son declarados, o Estado concedeu entre 1990 e 1995 cédulas de identidade a 322.600 nenos. Costa Rica, Nicaragua, Perú e Filipinas fixeron tamén novos esforzos para facilitar o rexistro dos nacementos, mentres que en Bolivia o Estado concedeu recentemente documentos de identidade a 50000 nenos urbanos de menos de 15 anos.
En certas zonas de África, así como en gran parte de Asia, os nenos sen existencia xurídica son lexión, aínda que moitos gobernos procuran actualmente resolver o problema que lles plantexan os convenios internacionais que asinaron.

