Biblioteca > Polos Dereitos da Infancia > Os Nenos e a Pornografía

A pornografía infantil está estreitamente relacionada coa prostitución, e unha leva a outra. A pornografía infantil designa a representación mediante imaxes ou sons de nenos coa fin de gratificar sexualmente ao seu usuario, o que engloba produción, distribución ou utilización do material pornográfico.

A situación actual é extraordinariamente preocupante. Algúns países aparecen como “mercados” especialmente lucrativos, mentres que outros especializáronse na produción e explotación deste tipo de documentos. Segundo estudos recentes, os pedófilos comezan coleccionando pornografía “suave” e pouco a pouco van pasando á “dura”. Ao principio soen satisfacer as súas pulsións nos bordeis dos países periféricos, onde filman os seus encontros par conservar unha lembranza. Ese é un trazo característico dos pedófilos: non poden evitar o atesoramento de documentos.

Existen dúas fontes de material pornográfico destinado a círculos pedófilos, as fotografías e vídeos realizados a título privado, de xeito individual, e as comerciais, destinadas a súa venda e aluguer.

No primeiro caso, o material pornográfico vai pasando de man en man entre pedófilos que se coñecen, constituídos en pequenos grupos que teñen os mesmos gustos, frecuentan os mesmos lugares e relaciónanse por medio de Internet. Intercambian revistas, direccións... Segundo parece, os pedófilos experimentan gran pracer en fotografar ou filmar por si mesmos para alimentar a súa colección persoal. A propia rodaxe é fonte de pracer erótica, pero a satisfacción nace tamén de saber que se posúe un documento único. A produción “privada” de material pornográfico desenvolveuse moito nos últimos anos coa vulgarización das cámaras de vídeo, que permite efectuar de xeito autónomo todos os procesos técnicos. A única dificultade para estes consiste en topar nenos e nenas para pólos ante os seus obxectivos. Os “actores” son en xeral nenos seleccionados no contorno inmediato do pedófilo: veciños, familias amigas ou grupos de menores ao seu cargo. Sedúceos coa súa simpatía, agasallos, a súa capacidade de adiantarse aos desexos de cada un e vainos incitando pouco a pouco aos contactos sexuais

Xunto á produción privada, circula por todo o mundo unha enorme cantidade de material pornográfico no que aparecen nenos, fabricado por bandas criminais especializadas. Ese material, estandarizado e producido en grandes cantidades, difúndese a través dunha multitude de circuítos de distribución, máis ou menos ocultos pero facilmente accesibeis. Internet é un servicio tan inmenso e complexo que resulta extremadamente difícil atrapar ao autor dunha páxina; ademais, os lugares ilícitos cambian sen cesar de dirección electrónica, desaparecendo un día para reaparecer ao seguinte noutro punto da rede, seguramente coa mesma documentación.

Pincha aquí para volver ao índice principal

Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos