Biblioteca > Movémonos pola Paz > Día Internacional da Paz

XANEIRO 2007


Impresionad@s polos horrores das guerras (Irak, Líbano, Palestina...), pola manipulación da realidade que teñen feito os grandes e pequenos poderes para xustificala e pola destrución da memoria dos pobos, os ensinantes, os bibliotecarios, os profes, debemos seguir buscando co noso traballo o fortalecemento da paz e a verdade. A verdade porque somos os administradores dos materiais que conteñen todas as verdades, porque dunha información completa xorde a verdade. A paz porque o entendemento entre as persoas é a base do noso traballo; tratamos que comprendades, coñezades e aceptedes o que din outros, tentando abrir mentalidades, facilitando o acceso ás ideas expresadas ao longo dos séculos: todo o contrario do que conseguen as guerras. Por iso, colocamos a tarefa de nos opoñer a elas como o primeira e máis importante do noso labor cotián.
Un bo xeito de ir contra a guerra é divulgar a obra dos poetas que con palabras emocionantes, moito máis impactantes que as balas, fixéronlles fronte. As persoas somos unha mestura de razón e sentimento: nas grandes cuestións necesitamos alimentar o corazón tanto como a cabeza, e os poetas saben alimentar o corazón, ao igual que os músicos.

Tristes guerras

si no es amor la empresa.

Tristes, tristes.

Tristes armas

si no son las palabras.

Tristes, tristes.

Tristes hombres

si no mueren de amores.

Tristes, tristes.

bomba hiroshima

 

Desde o IES Pintor Colmeiro quixemos levar a cabo unha pequena homenaxe á PAZ elaborando un pequeno texto que fai un percorrido polas últimas guerras do século XX combinado con música clásica. Asemade, e como colofón ao noso tributo todo o centro cantou o "Imagine" de John Lennon.



LIGAZÓNS DE INTERESE
LIBROS QUE TES AO TEU DISPOR NA BIBLIOTECA

Poemas para a Paz...

A vida na Guerra Civil...
Os nenos da Guerra A Guerra Civil
Libros da Paz

Web cun montón de ligazóns e recursos...

PELÍCULAS QUE TES AO TEU DISPOR NA BIBLIOTECA

Películas de guerra...

Seminario Galego de Educación para a Paz...
Películas sobre a Paz







Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos | 1 de Febreiro de 2007 | IES Pintor Colmeiro