Biblioteca > Muller e Feminismo > A Muller en Exipto
IGUALDADE ENTRE HOME E MULLER.
As mulleres exipcias da antigüidade eran moi respectadas e estaban totalmente inmersas na sociedade da súa época no plano de igualdade. A igualdade entre o home e a muller no antigo Exipto foi considerada sempre un feito natural.
A MULLER NA CASA
Ás mulleres exipcias casadas aplicábaselles o título de Nebt-Het “señora da casa”, isto significaba, Administradora dos Bens Familiares, así ponse de manifesto claramente o importante papel que desempeñaban e confirma que eran elas as responsables da organización do fogar.
O MATRIMONIO
A muller tiña total liberdade para escoller o seu futuro marido. Era propietaria de bens independentemente do seu esposo e herdaba regularmente á morte do seu pai e recurría aos tribunais cando non eran respectados os seus dereitos. O Sabio Ptah-hotep deu aos homes o seguinte consello:
“Se es un home de ben, funda a túa propia familia, e ama a túa esposa no teu fogar, coma se fora "beseemeth". Enche o seu ventre, abriga o seu lombo, alivia os seus membros con ungüento. Alegra o seu corazón mentres viva; ela é un campo fértil para o seu señor.”
No Novo Reino (1.500 a.n.e.), dábanse as seguintes instrucións:
“Non controles a tua muller na súa casa, cando sabes que é eficiente; non lle digas: Onde está? Ou Tráeo! Porque ela púxoo no lugar correcto. Obsérvaa en silencio, entón recoñecerás a súa habilidade: esa felicidade que sintes cando colles a súa man, hai moitos que non saben o que é.”
![]() |
O matrimonio non conlevaba unha cerimonia civil ou relixiosa, e bastaba a convivencia para legalizar a unión. Sen embargo, a menudo establecíase un contrato legal para protexer á muller en caso de divorcio, cuxa causa principal soía ser o adulterio. O nacemento dos fillos tiña lugar no fogar. O estudo das momias revelou que moitas mulleres morrían durante ou inmediatamente despois do parto, sobre todo por septicemia. Os nenos eran amamantados ata os tres anos. O leite materno estaba considerado bebida divina. Tiña un significado de resurrección e en moitas ocasións ultilizábase para preparar menciñas e pocións. No caso de enviuvar a muller mantiña os seus bens e parte dos do marido. Era acollida na casa dos seus fillos onde era querida e coidada ata a súa morte. Os exipcios tiñan un gran apego á familia.
A VIDA COTIÁ
Apréciase unha tendencia matriarcal da sociedade exipcia. Podemos ver a muller campesiña nas faenas agrícolas, cazando aves, moendo o gran ou fabricando cervexa. Ás mulleres de clases máis elevadas vémolas como danzarinas ou tocando instrumentos musicais. Membros activos dos templos como cantoras e, en escenas de festas e banquetes, como un membro máis da sociedade. Tamén como, na importantísima industria téxtil do liño, por moitos séculos, o home non intervén.
A MULLER NO PODER
As mulleres da realeza deixaron moitos recordos do seu paso por este mundo, como grandes templos, tumbas e estatuas. Pero tamén as féminas correntes nos deixaron a súa imprenta como capelas funerarias, estatuaria, estelas funerarias, mesas de ofrendas, etc. No Imperio Antigo, os títulos que denotaban posicións de autoridade e responsabilidade pertencentes ás mulleres eran reservados as féminas das clases sociais máis altas, as cales moitas veces estaban ligadas á familia real por vínculos de sangue ou por matrimonio coa nobreza. Unha muller, por exemplo, foi Inspectora de Médicos para Mulleres (xinecólogas), outra tiña importantes títulos de Xuíz ou Visir.
Durante o próspero período do Imperio Novo (1540-1069 a.C.), a presenza da muller en todas as ordes faise máis patente. Ademais das escenas gravadas nos muros, as tumbas e os templos, conteñen estatuaria privada, tanto feminina como masculina. As parellas de esposos sentados fanse moi populares. Os artistas plasmaron con gran delicadeza tanto os rizos das perrucas como as texturas dos vestidos e as formas da muller. As curvas dos seus corpos xoves e esveltos amósansenos a través dos seus vestidos de liño transparentes, podemos dicir que en vez de vestilas, o que facían era espilas, facéndoas máis vistosas.
Algunhas princesas de sangue real por parte de ambos proxenitores tomaban as rendas do poder. Temos varios exemplos de mulleres que acadaron o poder
-
A faraona Hatshepsut. O seu magnífico templo funerario en Deir el-Bahari é o maior monumento a unha muller, que sobrevive dende a antigüidade. Erixíronse obeliscos recubertos de electrum (aleación natural de ouro e prata), máis altos que os do seu pai, o faraón Tutmosis I.
-
Ahmes-Nefertari, como sacerdotisa e Esposa Divina de Amón, tivo un considerable poder económico, controlando proxectos de santuarios en diversos lugares de Exipto. Erixiuse unha estatua colosal á anciá raíña.
-
A raíña viúva Tawosret, apropiouse do poder e gobernou Exipto durante uns 2 anos como raiña-faraón.
-
Nefertiti: O seu nome significa “a beleza chegou”. Raíña exipcia en 1382 a.C., foi declarada “esposa divina” o que aumentou o seu poder terreal e espiritual. Unha das súas fillas casou con Tutankamón. Considérase a posibilidade de que Nefertiti actuara como rexente durante a primeira época do reinado de Tutankamón, que por entonces tiña só nove anos.

-
Cleopatra VII, tal vez a máis coñecida por todos, casou cos seus irmáns aos que asasinou. Tivo amoríos con Xulio César, co que enxendrou un fillo. Cleopatra VII era unha muller moi culta e dominaba varias linguas. Tamén Marco Antonio caeu nas súas redes, pois utilizouno para asegurarse o trono de Exipto, casando tamén con el. Esta raíña, segundo conta a historia-lenda, suicidouse no ano 30 a.C. deixándose morder un peito por unha cobra áspid.
Como estes documentos e a arqueoloxía moderna descubriron, hai moitas e varias evidencias de que a muller no Antigo Exipto gozou dunha vida independente, tivo cargos con moita autoridade e títulos moi importantes; algunhas gobernaron como faraóns e incluso, ás veces, con maior poder que o propio faraón.
Erea Viz Calleja 2ºBH

