Biblioteca > Muller e Feminismo > A Muller en Grecia


A MULLER EN GRECIA

Tradicionalmente dise que nas orixes da civilización grega, a muller tivo sempre un papel fundamental. Na civilización minoica parece claro que a posición feminina é máis libre que na sociedade grega posterior. As teorías de que na antigüidade grega existiran matriarcados baséanse nos mitos como os das amazonas, que mantiñan relacións só con estranxeiros. Os fillos destas só existían como escravos e os fillos ao nacer, se eran varóns, eran matados ou cegados, mentres que ás nenas cortábaselles o peito para que puideran disparar sen ningún problema as frechas. Nas cidades como Esparta, a muller, aínda que máis liberada, pasaba dúas etapas: a etapa inicial consagrada a Ártemis, a deusa virxe, e a etapa adulta na que xa pode casar e está consagrada a Helena. As prostitutas podían atoparse na rúa ou nos templos. Estas últimas estaban consagradas á divindade e cos cartos que conseguían mantiñan o templo.


O MULLER SEGUNDO HOMERO

A muller tiña que ser fermosa e preocuparse pola súa imaxe, debía ser submisa e obediente aínda que o heroe homérico non termina de fiarse da muller. As mulleres son perigosas, non teñen senso da medida, incluso as mellor educadas.
A única muller que non asume estes papeis é Atenea, que odia o matrimonio e por tanto non asume o seu rol feminino. Por iso é a única muller na que se pode confiar. A muller non deixa de ser simplemente un instrumento de reprodución e de conservación do grupo familiar. O home homérico non practicaba a poligamia pero dispoñía de concubinas e de escravas coas que satisfacer os seus desexos sexuais ademais da esposa, á que non podía descoidar por estas. Moito peor aínda é a situación das escravas que fan os traballos máis duros e non teñen ningún tipo de recoñecemento.


A MULLER NA LEXISLACIÓN ATENIENSE

As mulleres cando nacían eran expostas, é dicir, abandonadas, nunha especie de ola de barro, xa que se pensaba que eran unha mala inversión porque xeraban moitos gastos e poucos ingresos. A muller só herdaba se non tiña irmáns e se os tiña, a súa parte era o dote. As xoves adoitaban casar aos quince anos e a súa educación reducíase a facer os labores (cardar la e tecer). Apenas tiñan contacto con ninguén alleo.


O M
ATRIMONIO


O matrimonio servía para perpetuar a familia non existindo relación de cariño ou amor entre os esposos. O celibato estaba castigado en Atenas e Esparta. A familia estaba controlada polo “pater familias” cuxa autoridade era absulota sobre os seus fillos e esposa que debían obedecer cegamente.

A voda era celebrada na casa ante o deus doméstico. O pai da xove entrégaa ao noivo que vai dende a súa casa á deste nun carro. A xove simula un rapto e debe berrar e as súas amigas deben defendela. O esposo, dalgún xeito, obrígaa a entrar na súa casa levantándoa en brazos. Antes, a esposa é regada con auga lustral e toca o lume sagrado.

A muller tiña que ter uib dono , cargo que ocupaba o seu marido. As mulleres solteiras estaban enclaustradas no xineceo. Durante a vida matrimonial a muller quedaba na casa e o esposo e as escravas facían a compra. Parece que as mulleres non participaban nas celebracións e banquetes. Só as mulleres pobres saían á rúa con liberdade. Na casa a muller era completamente soberana. Vixiaba o traballo das escravas e administraba os gastos do fogar. As mulleres non participaban no casamento dos fillos.

O divorcio comezou a popularizarse en época clásica. O esposo podía repudiar á muller en calquera momento e sen motivo aparente. A muller tiña que solicitalo por escrito ao arconte explicando as súas razóns.

“ É áspero o camiño que segue a muller para abandonar a casa do seu marido
e volver á de seu pai; é camiño que se percorre co rubor na fronte”

Anaxándrides

O divorcio conlevaba a restitución do dote agás en caso de adulterio. O matrimonio grego podía romperse por tres razóns:

  • Repudio do marido.
  • Abandono do leito por parte da muller, moi mal visto pola sociedade.
  • Interrución do matrimonio por decisión do pai da noiva, isto ocorría se a noiva non tivera fillos.

En tempos de Dracón, podíase asasinar ao que fora sorprendido mantendo relacións sexuais coa esposa, nai, filla ou concubina de alguén. A muller en caso de adulterio non era castigada porque se aducía que non tiña conciencia diso e era culpado sempre o home. O adulterio se non era sorprendido in fraganti, podía ser castigado a ser exposto publicamente a penas como a do afeitado do pelo púbico, costume feminina da época e infamante para o home ou ser violado cun rábano.

AS MULLERES E A LITERATURA

Unha das máis destacables sen dúbida é Safo, nacida na illa de Lesbos. Estivo ao cargo dunha desas asociacións de mulleres chamadas tiasos. Nestes tiasos as mozas recibían educación (música, canto e danza) coa que as xoves conseguían acercarse aos homes, proba disto é que Safo chegou a estar entre os grandes poetas da súa época. Os nomes como Mirtis, Telesila, Praxila, Erina, Anite e Nóside tamén lograron destacar nunha sociedade claramente misóxina. Como vemos só nalgunhas comunidades xonias as mulleres tiveron un papel dalgún peso e por isto destacaron fronte ás restantes habitantes de Grecia onde o rol da muller era practicamente inexistente.

Lidia Troitiño Pérez 2º BH
Melania Villanueva Suárez 2º BH
Pepa Rivas Fernández2º BH

Erea Viz Calleja 2ºBH

Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos