Biblioteca > Movémonos pola Paz > Guerra Civil e Represión
No noso centro tivemos a oportunidade de ter nas nosas mans a derradeira carta que o alcalde represaliado Emilio Alonso Paz dirixiu dende a illa pouco antes de morrer a dous dos seus bos amigo; nela encoméndalles a tarefa de coidar da súa familia xa que está seguro da súa próxima e inminente morte. Non queremos que perdades a oportunidade de lela vós mesmos. Carta de Emilio Alonso Paz
O luns 30 de abril o alumnado de 1º de Bacharelato visitou á Illa de San Simón. Emocionounos lembrar a penurias que alí se pasaron, nunha illa tan fermosa. Pensar que é testemuña dunha parte tan importante da nosa historia! Se as pedras falasen! Ademais, quedamos abraiados porque non contábamos que a illa estivese tan coidade e rehabilitada.
...e Antón Caeiro, presentado por Matías Rodríguez da Torre, explicounos dun xeito moi ameno como xurdiu e por que esta exposición, contándonos anécdotas do entrañable que resultou para el coñecer aos protagonistas de moitas das historias dos paneis, así como o labor documental de facer encadrar as pezas, que -ironicamente- neste caso son humanas. Antes de rematar invitou a unha veciña de Silleda, Cachita, a contar en primeira persoa as súas vivencias desta época, posto que ela era filla dun dos presos na Illa. Resultou moi conmovedor.
|
FEBREIRO 2007 |
|||
Do 12 ao 23 de febreiro poderá visitarse no IES Pintor Colmeiro a exposición "Os mártires do mar" promovida pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, con motivo do Ano da Memoria. Esta exposición itinerante, que percorreu durante o verán 18 portos do litoral galego a bordo do vapor Hidria II, ofrece información histórica e documentación novidosa sobre a represión fascista exercida contra persoas e colectivos vencellados ao asociacionismo mariñeiro que pretendían mellorar as condicións de vida das xentes do mar.
|












